“Queremos verde, non negro!”

Alumnos do CEIP de Seixalbo participan en actividades contra os incendios.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/10/2017 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

"Nunca quixemos ter celebrado este acto no noso cole... Nunca quixemos ter visto estas aterradoras imaxes... Agora toca berrar, chorar, concienciar, educar, tocar nos pequenos corazóns inocentes para que unha vez que sexan grandes non se convirtan en culpables". Esta é a mesaxe enviada polos alumnos do CEIP de Seixalbo, parroquia da cidade de Ourense, para denunciar a vaga de lumes que asolou Galicia estes días.

Os alumnos do CEIP de Seixalbo participan en actividades contra os lumes.
Os alumnos do CEIP de Seixalbo participan en actividades contra os lumes.

Alí, os pequenos pediron unha Galicia verde e non negra, e participaron en actividades lúdico-educativas dirixidas a combater xa dende a base esta lacra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta