Madrid envía axuda humanitaria e veterinaria a Ponte Caldelas

Chega nun camión fretado por cinco mozos.O concello clasifica agora o "inxente" material recadado, enre o que se atopa roupa, comida ou medicamentos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2017 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

Cinco mozos madrileños --de entre 24 e 28 anos-- viaxaron ata Ponte Caldelas (Pontevedra) cun camión cargado de axuda humanitaria e veterinaria tras os incendios que afectaron a este municipio.

Doazón A Ponte Caldelas
Doazón A Ponte Caldelas | Fonte: Europa Press

Segundo informa o Concello nun comunicado, Belén Merino iniciou unha campaña para levar axuda a Galicia e acabou fretando un camión --cedido por unha empresa de transportes-- con 14 palés con roupa, comida, medicamentos, material sanitario, así como diversos produtos para animais.

Para iso, comezou recadando material polo seu barrio e acabou conseguindo axuda por todo Madrid, especialmente de tendas de animais e persoal dun hospital. Así, conformou un grupo de voluntarios xunto a Dani Paunero, Álvaro de Almagro, Samuel García e Ana Belén Mirasierra.

O Concello de Ponte Caldelas clasifica agora o "inxente" material recadado, e convida os veciños que necesiten medicamentos ou alimentos tanto para eles como para os seus animais a que pregunten na Casa Consistorial. O excedente será doado a ONG e protectoras de animais.

Pola súa banda, diversas asociacións culturais, de veciños e de comunidades de montes de Ponte Caldelas crearon unha comisión organizadora de actividades solidarias en favor dos afectados polos incendios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eu mesmo

Moi raro tudo. Semella cando do Prestige houbera un festival para mercar xoguetes e enredos para as crianzas. Non será, de Hogar Social, sin pegatinas???