Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/10/2017 | Actualizada ás 17:55
O Comité Intercentros da CRTVG pediulle este xoves ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que proceda a cesar “de forma inmediata” ao Xefe de Redacción da Radio Galega, Luis Ojea.
A través dun escrito, o comité expresoulle o seu malestar e rechazo polas opinions verquidas por Ojea nunha coluna de opinión no ABC Galicia titulada “Carroñeiros da desolación”, e no que criticaba aos cidadáns e partidos políticos que acudiron ás manifestacións convocadas contra os lumes.
O Comité Intercentros considera que as opinions de Luis Ojea son “partidarias e ofensivas” contra as plataformas e organizacións cidadás que democráticamente exercen o seu dereito de opinión e manifestación. “Son impropias dun responsábel dunha canle de titularidade pública, que debe respectar os principios de integridade, honestidade, imparcialidade, obxetividade e respecto ao marco xurídico e á cidadanía, conforme ao establecido na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno”, denuncia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.