Amancio Ortega gaña 628 millóns de euros nunha semana

O fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, ingresará este ano un total 1.256 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/10/2017 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, ingresará este ano un total 1.256 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía cando cobre este xoves, 2 de novembro, 628 millóns de euros pola última retribución do ano que abonará a firma galega aos seus accionistas.

Amancio Ortega o máis rico de España por Forbes
Amancio Ortega o máis rico de España por Forbes

En concreto, Ortega recibirá os máis de 1.200 millóns de euros en dividendo a través das sociedades Pontegadea Investimentos e Partler, coas que controla un 59,294% do accionariado de Inditex, fronte aos 1.108 millóns que percibiu polo mesmo concepto en 2016.

O xigante galego repartirá este ano entre os seus accionistas máis de 2.100 millóns a conta dos resultados de 2016, o que supón 0,68 euros por título, un 13,3% máis. Deste importe, a compañía xa abonou o pasado mes de maio un dividendo ordinario a conta de 0,34 euros por acción, ao que se suma outro do mesmo importe en concepto de ordinario complementario e extraordinario, que se fará efectivo este xoves, 2 de novembro.

Ortega é o primeiro accionista do xigante téxtil, cunha participación do 59,294%, equivalente a un paquete de 1.848 millóns de accións. O fundador de Inditex pechou 2016 con activos inmobiliarios valorados en 6.719 millóns de euros, o que supón 661 millóns de euros máis que un ano antes, agrupados na súa sociedade Pontegadea Inmobiliaria, que conta cun patrimonio neto de 6.485 millóns de euros, superior aos 5.460 millóns de euros dun ano antes.

Ortega, que inviste parte dos dividendos que recibe de Inditex no sector inmobiliario, posúe a maior inmobiliaria española, centrada na compravenda e aluguer de grandes edificios, que conta cunha carteira de activos inmobiliarios integrada fundamentalmente por edificios de oficinas, non residenciais, situados no centro de grandes cidades en España, Reino Unido, Francia, Estados Unidos e Asia.

Pola súa banda, a súa filla Sandra Ortega, que posúe o 5,053% da firma galega, cobrará este ano máis de 107 millóns en dividendos de Inditex. Inditex rexistrou un beneficio neto de 3.157 millóns de euros no seu ano fiscal 2016-2017 (do 1 de febreiro de 2016 ao 31 de xaneiro de 2017), o que supón un incremento do 10% respecto ao exercicio anterior.

As vendas do grupo situáronse en 23.311 millóns de euros, un 12% máis, mentres que o resultado bruto de explotación (Ebitda) situouse en 5.083 millóns de euros, fronte aos 4.699 millóns dun ano antes, un 8% máis. As vendas a tendas comparables creceron un 10%, sobre o crecemento do 8,5% do exercicio anterior, con crecementos positivos en todas as áreas xeográficas e en todas as cadeas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 nostrus

Si se tratara de una loteria significaria que ganaria eso a costa de que un monton de personas perdieran otro tanto, pero tratandose de un negocio significa que él ganó eso y entre un monton de gente ganó otro tanto, esa es la diferencia. Ojalá hubiera muchas personas más como él.

1 pobrezaobscena

A cuestión é que non pode haber moitas máis persoas coma él: só pode haber menos persoas cada vez máis ricas, e pobres máis pobres vivindo nunha pobreza obscena... Agora mesmo, Oito homes acumulan a mesma riqueza que 3700 millóns de persoas. Cómo esta xente faise tan riquiña, pois Amancio Ortega, entre outras cousas, con estas curiosas prácticas fiscais https://www.elsaltodiario.com/indit...