Santos di que Podemos Galicia "revisará alianzas" se hai "diferenzas indisolubles" sobre a configuración do Estado

"Podemos Galicia non é independentista", di ao tempo que ve "fundamental" entenderse co PSdeG para crear gobernos alternativos ao PP após as municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2017 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, considerou que a súa formación terá que "revisar as alianzas" se se entra en "cuestións de diferenzas indisolubles" sobre a configuración do Estado cos seus socios. Así se pronunciou nunha entrevista concedida a Radio Nacional España (RNE) e recollida por Europa Press, na que subliñou que Podemos defende un "proxecto plurinacional de España" que é "incompatible" co independentismo".

Carmen Santos
Carmen Santos | Fonte: Europa Press

"Nós para as eleccións autonómicas deixamos claro que a unidade estaba por encima das diferenzas porque tampouco había unha cuestión política deste calado como o referente ao proxecto territorial de España", manifestou en referencia ao conflito independentista de Cataluña.

Neste sentido, volveu a defender a autonomía da formación morada dentro de En Marea. "A autonomía de Podemos Galicia é a garantía de que as persoas que votan a Podemos e queren sentirse referenciadas nun proxecto de unidade poidan ter unha liña política, por exemplo, respecto de Cataluña, porque Podemos Galicia non é independentista", apuntou. Unha postura que contrasta con Podemos Catalunya, algún de cuxos membros no Parlament ou se abstiveron ou votaron a favor da independencia.

Ademais, sobre as diferenzas mostradas pola fundadora de Podemos Carolina Bescansa coa postura da organización sobre o conflito catalán, Carmen Santos asegurou que, en ningún caso esta "debe dimitir" e considerou que se lle está dando "unha dimensión pública" á súa opinión para "visualizar unha confrontación". "Eu nunca tiven problemas por mostrar unha postura similar á dela e escoiteille ao secretario xeral (Pablo Iglesias) unha postura idéntica á de Carolina Bescansa", asegurou.

ACORDOS CO PSOE

Na súa intervención, Carmen Santos tamén considerou "fundamental" ter un entendemento co Partido Socialista de Galicia para configurar gobernos alternativos ao Partido Popular após as eleccións municipais de 2019. Así mesmo, asegurou alegrarse da vitoria de Gonzalo Caballero no PSdeG dado que "se mostrou moito máis próximo" a ter "relacións con Podemos e as mareas municipais".

Con todo, recoñeceu que a "chave" para chegar a futuros acordos estará na "liña" que siga o Partido Socialista en Galicia a partir de agora. "Porque tamén Pedro Sánchez cando se presentou ás primarias dicía que ía ter unha postura máis próxima a Podemos que ao PP e, desafortunadamente, o que vemos é que volve estar máis próximo aos populares e a Ciudadanos que a Podemos", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Desperado

Cuando votas a estos ya no sabes si votas a alguien de AGE, ANOVA, Mareas, CERNA, PODEMOS, EU, Anticapitaliastas, cabreado del bloque o que carallo estas votando. Descartado el BNG por ser inútil al final quedará votar PSOE o quedarse en casa.

1 Distintas Correas

Segue a votar ao PP, home. Esses som case tam úteis como o PsoE.

2 Eu mesmo

Daquela no grupo de En Marea alguén minte. Ou esta señora ou Antón Sánchez e os cerna's. Dos de IU non tiña ningunha dúbida, xa o dixo a enchufada da mesa do parlamento.

1 Gamela

Carmen Santos faría ben en revisar as súas alianzas antidemocráticas https://twitter.com/Gamela2017/stat...