Temas: POESíA BETANZOS

As Mariñas e A Chaira, unidas pola poesía

Nace un novo colectivo poético -VINTE, poesía argonauta- cun recital no ezpazo literario Bíblos.

Por Galicia Confidencial | Betanzos | 02/11/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A poesía galega segue máis viva que nunca. Tan viva coma que o próximo sábado bota a andar en Betanzos un novo grupo poético-VINTE, poesía argonauta- que tenta unir a poetas das Mariñas e da Chaira lucense.

Música e poesía da man
Música e poesía da man | Fonte: Penúltimo Acto

Este novo colectivo darase a coñecer cun recital no espazo literario Bíblos e na Asociación Lar de Unta, nun acto poético no que participarán poetas do novo grupo, da NPG Nova Poesia Guitirica e o poeta vilalbés Martiño Maseda. 

“A dinámica literária chairega achega o seu apoio a iniciativas da comarca veciña e senta vías de colaboración cultural para o futuro con esta nova iniciativa, espello da NPG, que xa ten participado de numerosas actividades fora da comarca e que prepara para o 2 de decembro nos Vilares a entrega de prémios do Certame de micropoemas”, apunta nun comunicado. 

Temas: POESíA BETANZOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta