Aumenta a práctica comercial do Black Friday, importada dos Estados Unidos

Un 36,3% das pemes galegas di que participará este ano neste evento comercial. Un 27% participarán tamén no Cyber Monday.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/11/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O coñecido como Black Friday, unha práctica comercial na que se rebaixan os prezos e que chega dos Estados Unidossegue consolidándose como unha das épocas máis importantes para as vendas das pemes, especialmente no mundo en liña. eBay, a plataforma global de compravenda en liña, anunciou que, en 2016, as súas vendas en España durante a campaña do 'venres negro' aumentaron un 20% respecto da campaña de 20151. En 2017, o Black Friday celebrarase durante o 24 de novembro, aínda que os descontos alongaranse durante todo o fin de semana, ata o Cyber Monday do 27 de novembro.

Liorta nas portas dun centro comercial dos EE.UU. un Black Friday
Liorta nas portas dun centro comercial dos EE.UU. un Black Friday

Este ano, as perspectivas en Galicia son igualmente positivas, segundo apunta esta gran plataforma de venta por Internet, xa que se espera un incremento no número de pemes locais que van participar, así como no volume de vendas totais. En concreto, segundo a segunda edición do estudo 'As pemes españolas no ámbito en liña', realizado por eBay, un 36,3% das pemes galegas afirma que participará no próximo Black Friday, unha cifra superior en cinco puntos ás que afirman participar en 2016 (31,4%). 

Ademais, este dato supón 4 puntos máis que a media española (32,3%), sendo a terceira comunidade autónoma que contará con maior participación das súas pemes, só por detrás de Andalucía (39.8%) e Navarra (38,2%). Con estes datos, non é de estrañar que case a metade das pemes galegas (49%) considere que o Black Friday supón unha gran oportunidade de incrementar as súas vendas.

Cyber Monday

Ademais, o Cyber Monday, a xornada de descontos en liña posterior ao Black Friday, segue gañando adeptos. En 2017 un 27% das tendas en liña galegas afirma que participará, un notable aumento sobre o 24% que asegura ofrecer descontos o ano pasado.

A nivel español, o estudo mostra que o e-Commerce serán máis activo que o comercio físico durante o 'venres negro', xa que ata un 47,5% das tendas en liña españolas afirma que participará. Esta cifra tamén supón un aumento de dous puntos respecto da campaña de 2016 (45,5%).

'Os datos internos de eBay e as propias expectativas dos vendedores indícannos que Black Friday e Cyber Monday manterán en 2017 a tendencia de crecemento que experimentaron nos últimos anos. Esta data consolídase como o comezo das compras do Nadal para os nosos 2,5 millóns de compradores en España, polo que é fundamental que as tendas conten cunha adecuada planificación para poder atender a alta demanda que se espera', sinala José Ángel López, director comercial de eBay en España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta