Cando a un xornal se lle chama “faro”

Un dos directores do Faro de Vigo, Ceferino de Blas, publica a historia deste xornal que marcou a vida informativa de toda unha cidade.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 03/11/2017 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Faro de Vigo é toda unha institución en Vigo, ademais de ser o medio de comunicación omnipresente da cidade, como La Voz de Galicia o é na Coruña. E, ás veces, o que di o Faro de Vigo "vai a misa", aínda que non sexa verdade. De feito, aínda hai xente que pensa que os xornais chámanse "faros". Por iso, "Donde los periódicos son Faros" tenta contar "o vínculo, a comuñón e a historia de amor" entre a cidade viguesa e este medio de comunicación que se construíu ao longo de 164 anos.

Ceferino de Blas xunto co alcalde de Vigo, Abel Caballero
Ceferino de Blas xunto co alcalde de Vigo, Abel Caballero | Fonte: vigoe.es

Ceferino de Blas, xornalista, historiador e ex director deste xornal, presentaba este xoves esta obra na que fai un percorrido por parte da historia de Galicia. Unha historia que naceu en Vigo o 3 de novembro, de 1853, a data de nacemento de Faro de Vigo. "Ningún dos seu tres fundadores, José Carvajal e Pereira, José María Posada e Pereira e Ángel de Lema podía imaxinarse entón que FARO ía ser decano da prensa española", aseverou de Blas, hoxe Cronista Oficial da cidade.

De feito, son tantos os números e tanta a historia contada nas súas páxinas que de Blas reivindicou que a Hemeroteca deste medio "tería que ser recoñecido como patrimonio nacional ou, polo menos, como patrimonio galego".

Así, indicou que a esta hemeroteca xa foi consultada "pola maioría de investigadores habidos e por haber en Vigo e Galicia". "O 1 de outubro de 1986 convertinme no décimo terceiro director do xornal e quedei asombrado cando cheguei a aquel despacho de dirección, grande, vello e feo e vin as fieiras da colección de FARO", lembrou de Blas, quen admitiu entón que "nunca crin que se ía crear tal magnetismo que me fixo ler un a un todos os tomos da colección".

No acto interviñeron ademais o presidente do Instituto de Estudos Vigueses, Xoán Carlos Abad; o director de FARO, Juan Carlos da Silva, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde, Abel Caballero. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arredista

Palo de Vigo. Propaganda, lacaios do capitalismo.