Os accidentes de tráfico, principal causa en Galicia das lesións medulares en menores de idade

Investigadores do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña analizan as características da lesión traumática da medula espiñal entre os máis novos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/11/2017 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Un grupo de investigadores do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INBIC) analizou as características da lesión traumática da medula espiñal en menores de Galicia, sendo a principal causa os accidentes de tráfico, aínda que os accidentes deportivos prevalecen entre os pacientes adolescentes.

Cadeira de rodas.
Cadeira de rodas.

Os investigadores tomaron datos de 26 anos do rexistro interno da Unidade de Lesión da Medula Espiñal e rexistros médicos do paciente, entre marzo de 1988 e decembro de 2014, de pacientes de até 17 anos con lesión traumática da medula espinal. 

A incidencia destas lesións foi de 5,6 casos ao ano por un millón de habitantes.

A idade media dos lesionados foi de 14.4 anos (mediana: 16). Só o 25% eran menores de 15. Os pacientes masculinos representaron o 73.5% do total.

A causa principal foron os accidentes de tráfico (60,3%), sendo maior (77,8%) nos cativos até 10 anos de idade. Outras etioloxías inclúen caídas (19.1%), accidentes de mergullo (16.2%) e outras causas (4.4%).

O 16.2% destes pacientes tiñan lesións clasificadas como sen anomalías radiolóxicas, tendo o 72.7% destes unha idade até 10 anos. A idade media deste grupo foi de 7,5 anos fronte aos 15,7 anos no grupo non pertencente a lesións sen anomalías radiolóxicas. A metade destes pacientes tiña unha lesión medular completa e, destes, o 64.6% foron parapléxicos.

Para os autores do estudo, as lesións traumáticas da medula espiñal son pouco frecuentes nos cativos e a maioría dos casos ocorren entre os 15 e os 17 anos. A diferenza dos adultos, nos menores involucran principalmente a columna torácica. 

Os resultados veñen de ser presentados na revista científica The Journal of Spinal Cord Medicine.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta