Temas: CULLEREDO PSDEG

O socialista José Ramón Rioboo, elixido alcalde de Culleredo após a dimisión de Sacristán

Agradece o traballo "incasable" do seu predecesor e promete manter as políticas sociais

Por Galicia Confidencial | Culleredo | 07/11/2017 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O até este martes primeiro tenente de alcalde de Culleredo (A Coruña), José Ramón Rioboo, foi elixido novo rexedor deste municipio após a dimisión presentada polo seu predecesor Julio Sacristán, despois de 33 anos á fronte do goberno local.

José Ramón Rioboo (esquerda) e Julio Sacristán, no Concello de Culleredo.
José Ramón Rioboo (esquerda) e Julio Sacristán, no Concello de Culleredo.

Na sesión plenaria, tomou posesión, ademais, como nova concelleira do grupo socialista Penélope López en substitución da vacante deixada pola marcha de Sancristán.

A elección do novo alcalde tivo lugar un pleno extraordinario no que se presentaron dúas candidaturas, a de José Ramón Rioboo, que sumou os novos votos do seu grupo, o PSdeG, e a de Alicia Ferreiro, de Alternativa dos Veciños.

Esta última obtivo o apoio do tres edís desta formación. O resto da corporación abstívose, proclamándose así o candidato socialista novo alcalde de Culleredo.

NOVOS RETOS

Coa presenza, entre outros do alcalde saínte, Julio Sacristán, Rioboo agradeceu o apoio dos seus compañeiros, palabras que fixo extensivas para Sancristán. Del, dixo que se trata "dun traballador incansable". "Artífice dos principais avances sociais do municipio", apostilou.

Por outra banda, comprometeuse a pór "todo o seu empeño e esforzo" para que Culleredo logre as "metas de avance que necesita a cidadanía". Así, garantiu o mantemento das políticas sociais e o impulso de políticas que garantan "a calidade de vida dos veciños e veciñas".

"Temos moito logrado, pero espérannos moitos desafíos que debemos afrontar coa mente posta no interese xeral", expuxo tamén no seu discurso e ante a presenza de familiares e veciños do municipio, entre outros asistentes.

Temas: CULLEREDO PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eu mesmo

Anomalía demcrática a dun señor que levaba 40 anos, coma o claudillo, coa vara de mando nas mans. PSOE, psoe psoe...