Desfeita do Leyma en Cáceres

O Básquet Coruña cae 80-61 fronte a Cáceres no peor partido dos de Gustavo Aranzana, que sumaron 17 perdas de balón e un pésimo 33% en tiros de campo. “Non competimos, chegabamos sempre tarde”, laiabase o técnico.

Por gcdeportes | A Coruña | 11/11/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Cáceres 80:
Guille Corrales (7), Rakocevic (14), Luis Parejo (11), Jakstas (15), Grabauskas (2) -cinco inicial- Warren Ward (12), Ole Keshinro (6), Sergio Pérez (4), Dani Martínez (1), Santi Parras (6) e Edu Recio (2).
Leyma Coruña 61: Jorge Sanz (8), Ángel Hernández (1), Trevor Cooney (13), Dmitry Flis (0), Sonseca (9) -cinco inicial- Zach Monaghan (15), Mike Torres (2), Jesse Chuku (8), Sergio Olmos (5) e Pablo Ferreiro (0).
Parciais: 16-12, 18-12 (34-24), 22-15, 24-22 (80-61).
Árbitros: Jaime Gómez Luque e Alberto Lázaro Rodríguez. Sen eliminados.
Incidencias: partido da oitava xornada da LEB Ouro no pavillón Ciudad de Cáceres ante 1.100 espectadores.

Gustavo Aranzana dá instrucións os seus en Cáceres.
Gustavo Aranzana dá instrucións os seus en Cáceres. | Fonte: @Caceres_Basket

Dezasete perdas de balón e un 33% de acerto en tiros de campo. 12 puntos no primeiro cuarto e outros 12 no segundo. “Hemos estado muy mal. No hemos competido. Llegábamos siempre tarde. Nos ha faltado ritmo”, laiabase Gustavo Aranzana trala quinta derrota en oito xornadas do Leyma Coruña, que non puido contar con Jonathan Gilling e tiña varios xogadores (Flis, Cooney) minguados no físico. Resultado: un contundente 80-61 para Cáceres. O vindeiro venres, Melilla visita Riazor.

Tan só 24 puntos anotou antes do descanso un Leyma cun pésimo acerto. Trevor Cooney abriu o partido cunha tripla e os primeiros minutos foron igualados (7-7), pero ao Leyma costáballe un mundo anotar e o primeiro cuarto acabou 16-12. Cooney abriu o segundo acto coa segunda tripla (16-15), pero a seguinte canastra coruñesa tardou case cinco mintuos, tras un tempo de Aranzana con 22-15. En case oito minutos, dúas canastras e parcial de 13-2 para Cáceres (29-17). Unha tripla de Monaghan e 34-24 ao descanso, con 3/15 (25%) de Leyma dende 6,75.

Mesmo guión tralo descanso: Coruña tardou case tres minutos en anotar en xogo e xa perdía 41-26. Aranzana tentaba facer reaccionar os seus, pero a diferenza seguía medrando (54-35). Ao final do terceiro acto, Leyma só levaba 39 puntos (56-39). Nada que facer. Outro parcial de 12-2 e a vantaxe local chegou a +27 (68-41) malia os dous tempos mortos case consecutivos de Aranzana. Zach Monaghan e Sonseca maquillaron o resultado final, que foi de 80-61, a derrota máis abultada dos coruñeses no que vai de Liga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta