Temas: CAN LUGO OKUPA

Unha xuíz de Lugo dita a primeira orde de afastamento dunha cadela dos seus donos

A xuíza Pilar de Lara prohibe de xeito provisional a unha parella de Lugo a posesión de animais tras lanzar dende un piso á rúa a súa cadela, comisada por orde xudicial e que se recupera das feridas no hospital Rof Codina.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 15/11/2017 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Comiso da cadela para garantir a súa integridade, retirada da custodia aos seus donos e prohibición de achegarse a menos de 500 metros do animal. Ademáis, a xuíza outorga a custodia á Sociedade Protectora de Animais de Lugo, unha vez a cadela reciba a alta médica do hospital Rof Codina onde se recupera das súas feridas. E prohíbe aos donos, con carácter provisional, a posesión de calquera tipo de animal. Unha medida pioneira en Galicia.

A cadela, tras ser guindada á rúa, nunha foto incorporada á causa.ao sumario.
A cadela, tras ser guindada á rúa, nunha foto incorporada á causa.ao sumario.

A cadela, bautizada polos veterinarios que a atenden como Katalina, foi supostamente guindada á rúa o pasado 1 de novembro dende un piso do Camiño Real de Lugo, dun edificio propiedade do Banco Sabadell habitado por okupas. A xuíza Pilar de Lara, titular do xulgado de Instrucción número 1 de Lugo, tras ver a nova nos medios locais estando de garda, abriu unha investigación de oficio, reclamou os informes da Policía Local e do Rof Codina e este luns tomou declaración como imputados a Carmelo M.M. e Eva M.M., que negaron ter lanzado a súa cadela pola fiestra.

O animal sufriu lesións graves e foi operado no hospital veterinario Rof Codina de Lugo. A intervención cirúrxica tivo lugar varios días despois do suceso, cando Katalina foi reingresada no centro por orde xudicial, xa que nun primeiro momento os seus donos acudiron ao centro, onde foi trasladada por axentes da Policía Local, para esixir a súa devolución e negarlle a asistencia á cadela.

A 500 METROS

A xuíza De Lara, nun auto no que defende a importancia dos demáis seres vivos para o benestar humano, ven de establecer medidas excepcionais para este caso de maltrato animal. Así, dita orde de afastamento de 500 metros para a parella da cadela comisada, do hospital no que se recupera das súas lesións e da protetora da cidade lucense. E tamén prohibe os investigados achegarse a calquera persoa que nun futuro poida asumir a custodia do animal.

“Se prohibe a Carmelo M.M. así como a EVA M.M.comunicarse  por cualquier medio, verbal, escrito, telefónico, informatico, o telemático, personalmente o por medio de terceros,  con el hospital Rof Codina de Lugo y con la Sociedad Protectora de Animales de Lugo, asi como a la perra o los detentadores de aquella en cada momento”, establece Pilar de Lara.

LEXISLACIÓN ESCASA

Ademáis, no seu auto, De Lara critica a pobre lexislación española contra o maltrato animal, a ausencia dunha lei estatal de protección, e que a Administración vaia sempre por detrás dos movementos defensores dos animais, verdadeiros artífices dos avances sociais na materia.

A xuíza de Lugo considera “una gran asignatura pendiente” a inclusión do benestar animal na Constitución. "Una de las más deplorables y despiadadas caras que es capaz de mostrar la violencia, y evidencia hasta dónde puede llegar la crueldad y la perversidads humana, es la que se ejerce contra los animales. Quien desprecia la vida hasta el punto de maltratar o abandonar a un animal, habitualmente también despliega su instinto agresivo contra una mujer, los hijos, menores, ancianos, vecinos u otros ciudadanos a los que considera inferiores", argumenta no seu auto a xuíza, quen engade. "Sorprende que, a estas alturas, no se hayan fomentado políticas dirigidas a hacer efectivo el derecho al bienestar de los animales, con la concienciación social ya desde la infancia para lograr reconocer que son seres capaces de sentir placer, miedo, dolor, ansiedad o estrés”.

Temas: CAN LUGO OKUPA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 festa

Nun Estado no que se preservan e se protexen por medio da lei formas nefandas de tortura animal como paradigmas da "festa nacional" ou festas tradicionais , efectivamente, estamos moi lonxe dunha lexislación a prol dos dereitos dos animais. ¿Cómo se pode afastar a esta xente da cadela que maltratan e non penalizar de forma semellante aos toureiros e audiencias que asisten a estos espectáculos de tortura animal?Marca España

2 anonimo

Acostuma a ser por este mes. O día acúrtase moito e a incidencia solar resulta incómoda, inda por riba de escasa, baixan as temperaturas e comezan as choivas. Para personalidades inestables que tenden á depresión ou ó trastorno bipolar de ciclos de euforia-depresión é o tal. En fin, pobre cadeliña. Agardo que a traten ben e que adopte a familia que merece polo que leva pasado.

1 A verdade

O que tiñan que ditar era que a estes persoaxes os guinadasen dende a mesma fiestra á rúa, de cabeza, porque se quedan vivos son capaces de pedir unha paga. O que sorprende é que se fale de piso "okupa" e non se poña na rúa a esta fato de vagos que viven a costa dos demais.