"En 10 anos os muíños só pagaron festas patronais"

A Ventonoso dálle o mesmo Gas Natural que Construtora San José. J.A. Diéguez, voceiro desta asociación que defende aos veciños de parques, explica na entrevista como os cartos do vento sempre marchan lonxe do rural.

Por Walter Burns | Chantada | 29/11/2010 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

A Xunta presume de que o novo concurso eólico significará para Galicia grandes beneficios e miles de postos de traballo ...
É propaganda institucional, xa coñecemos cantos postos de traballo e que inversións produciron os megawatios instalados até agora, que son case os mesmos cos repartidos no novo concurso.

None

O profesor da universidade de Vigo Xabier Simón calcula que os veciños dos muíños reciben o 1,6% da riqueza dos parques. Que lle parece este reparto?
Non e xusto, deberian participar dacordo co aportado, o seu terreo eolico, o 10% non e ningunha utopía.

Que lle aconsellaría a un propietario que tivese terreos nas zonas nas que se instalará os muíños do novo reparto?
Moitos xa os temos aconsellado de tempo atrás, primeiro, non firmar contratos lixo; segundo, defender a propiedade da terra.

Galicia é a segunda autonomía con máis muíños, cre que contribuíron significativamente ao desenvolvemento do rural?
As probas me remito, mais de dez anos de implantación, nada deixaron nada mais alá que  pagar as festas patronais a unhas poucas parroquias, nin un solo proxecto produtivo.

Que reformas legais se necesitan para que a enerxía eólica deixe máis cartos nas aldeas?
Modificar a lei no tocante a normativa eólica, urbanística e fiscal, considerando o solo eólico independentemente do solo rústico e urbaninzábel.

No reparto do bipartito un dos principais beneficiados eran as cooperativas do leite, neste non levaron nin un megawatio...
Neste levan unhos pouquiños os coellos,  pitas e porcos; con eso xa creen cubren o expediente da inversion rural, o do grupo lácteo era un proxecto tan real como o dos cataláns de Fenosa Wind [a marca 'que sona a galego' creada por Gas Natural para presentarse ao novo reparto da Xunta].

Por que Ventonoso cualifica o nov reparto da Xunta do PP de "irregular" ?
Faise despois de anular algo que ningún tribunal demostrou que ose ilegal e despois faise unha lei, para blindar o canon eólico e  poñer criterios transparentes e baremables para o 45% dos puntos e o 55% discrecional para os empregos e investimentos. Sónanos a irregular, dá a impresión que algúns coñecían as preguntas do exame.

Como e porqué se decidiron a organizar Ventonoso?
Todo ten a súa orixe nunha reunión mantida entre Roberto García [secretario xeral de Unións Agrarias] e José Antonio Diéguez no ano 2004, ao fío da situación creada na defensa do MVMC  de Argozón pola expropiación do parque eólico Chantada. Acordase crear un grupo para a defensa dos intereses de propietarios e CMV chamado "equipo eólico de Unions Agrarias", ante a importancia da xente afiliada e o enorme interese despertado. Pola información requirida e peticións de axuda, crease en xuño de 2006 Ventonoso como asociación  sectorial.

Neste tempo a cantos veciños ou agrupacións prestou asesoramento?
A preto de 20.000 afiliados de Unións Agrarias que requiran información do tema, especialmente a cerca de 1.000 afectados directos que teñen aberto procesos técnicos, xurídicos ou de asesoramento, tanto comunidades de montes como particulares.

Despois de todo o rebumbio que se creou en torno ao reparto do bipartito e a suspensión polo PPdeG, quen cre que resultou o máis beneficiado por esta decisión?
Os que sempre mandaron na política enerxética da comunidade, os grandes grupos de poder: eléctricas, gasistas, caixas, bancos, construtoras e un grupo de amigos do partido gobernante, desta vez non aparecen cuñados que se saiba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 das peras

E ten razón o José Antonio Dieguez O. Mágoa que tamén podía falar de cando o seu Pachi era conselleiro, e ao caladiño -e coa miserable complicidade do BNG- repartiu esmolas suculentas entre asociacións ambientalistas que de repente xurdiron como os fungos no outono onde ninguén os coñecía, e de igual xeito desapareceron despois de trincar, e que curiosamente estaban vinculadas a Unións Agrarias. Podía falar do que sabe, das irregularidades e sospeitas dos seus, e despois de lavada a súa propia roupa, pois que acalre a dos demais.

1 Loro

Anda¡ Rodriguez Miranda, o das dietas, xa voltou da cura de sono que lle impuxo Baltar

2 das peras

Que non pitiña faladora, que non todos somos galiñas, nin vasalos do PP, pero tampouco do PSOE ou do BNG.

3 orgulloso do que son

Non nos enganemos, somos unha colonia e por tanto os colonizados encantados en que se lle den a empresas de fora a nosa riqueza natural. Todos estes estómagos agradecidos, benefactores de Madrid-capital-del-reino alégranse de que os empresarios foráneos exploten e por riba con incentivos os nosos bens e enerxias. Cando despertaremos e comprendemos que ser vasallos non nos leva a ningún lado, así levamos 5 séculos. Galicia é nosa, ainda que moitos de nós sexan uns renegados incultos que pensan que vivimos grazas aos boiños que son en Madrid. Sempre seremos para eles provincianos subvencionados, cando a realidade é ao revés, eles viven grazas a explotar a periferia

1 ANTON

Cada un ten o que mererece meu. Non si?. Aos Galleguiños gustalles, pois que outros aprobeiten o que podan. O que importa e a bermella, esa si que gaña mundiais. EU, SON ESPAÑOL, ESPAÑOL, ESPAÑOL

2 Palmeira

100% económico! Tes toda a razón.. foi todo para a economía catalana de Gas Natural/Fenosa. Visca Catalunya lliure! E a Galicia que lle den ben polo c... Iso é ao que aspiramos cos PPeros. Buff! Vaia tropa que diría o propio Rajoy

1 Miguel

Ladrad por las esquinas vuestro odio, sociolistos nacionatas. Querías financiar un nuevo grupo mediático con los molinos de todos, pero el PUEBLO os paró los pies. Ahora se ha hecho el mejor reparto desde el punto de vista 100% ECONÓMICO

1 Lobo

Tes toda a razon "el pueblo" e soberano, inda que poda estar errado como o galego, e asi lle vai.

2 PP&Gecal

Acábache de medrar o nariz Miguel e debaixo naceu un bigote que non sei a quen me recorda...

3 Teresa

Miguel tan toda a razón é o mellor reparto ecómico para empresas amigas e tamén para empresas de amigos.Sobor de todo aquelas con socios que che son cargos do PP e foron constituidas fai sete meses. Moi curioso o asunto da tercera da lista, non si, Miguel? Outro asunto tamén curioso é o dos amigos da Coruña.Canto perdemos os galegos Miguel? A verdade é que Galiza non se vende, regálase!