Feijóo, sobre as críticas pola burocratización das axudas dos lumes: “Hai concellos que xa as entregaron”

O presidente da Xunta insta aos municipios afectados a que presenten xa a documentación e móstrase disposto a aumentar os prazos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/11/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As axudas prometidas pola Xunta tras a vaga de lumes non chegan á xente cando quedan menos de quince días para que remate a ampliación do prazo dado polo Goberno galego. En Chandebrito os veciños van xa pola súa conta e abriron a súa propia oficina molestos coa excesiva burocratización e os problemas que xorden entre Xunta e Concello de Nigrán.

Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona en pleno outubro
Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.

“A xente pensaba que a ían bañar en ouro, que ía haber unha chuvia de cartos, e ao final pasa o de sempre. Anuncian millóns e millóns e resulta que non chega nada”, apuntaba hai uns días a Galicia Confidencial, Víctor Manuel Vidal, o presidente da Comunidade de Montes desta parroquia, unha das zonas máis afectadas polos incendios do pasado outubro. Asi, denunciaba as trabas e as burocracias administrativas para que a xente poida cobrar as axudas anunciadas. A Xunta prometeu que habería máis de 20 millóns para os afectados.

Tamén o rexedor das Neves, Xosé Manuiel Rodríguez, comparte as críticas dos veciños. “Os requisitos da Xunta e as dotacións ecnómicas son insuficientes e restrictivas en canto ao cumplimento dos requisitos” dicía hai uns días en declaracións ao GC ao tempo que aguraba que todo o proceso de tramitación “vai traer problemas”. 

FEIJÓO DI QUE AS VAIAN ENTREGANDO

Por iso, afectados e concellos pídendelle ao Goberno galego que amplíe o tempo, que simplifique os requisitos de solicitude e que aumenten as contías. Preguntado ao respecto por este medio na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo dixo que non entende esas críticas porque “xa houbo concellos que as entregaron”.

Leira calcinada en Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas, tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro
Leira calcinada en Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas, tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.

“O que lle pido aos concellos é que se teñen xa axudas tramitadas que nolas envíen, que non agarden a ter todas xuntas”, indicou. En todo caso, mostrouse aberto a ampliar o prazo da recepción de solicitudes se hai concellos aos que non lles dá tempo a súa tramitación este mes, especialmente, aqueles máis afectados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta