.gal, .cat e .eus acordan ofertas conxuntas para mercar dominios

Calquera poderá mercar un .gal por só 5 euros máis ive desde este 24 ao 27 de novembro, coincidindo co Venres Negro e o Ciber Luns.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/11/2017 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

PuntoGal, o dominio galego en internet, aproveita o Venres Negro, ou Black Friday, deste ano para ofrecer os seus dominios a tan só 5 euros máis IVE. Esta promoción estará aberta ata o ciber Luns (Cyber Monday), o día 27. Unha oferta que é estensible aos .cat, .eus e .barcelona.

Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL
Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL | Fonte: ortegalingua.blogspot.com

Para poder mercar os .gal a este prezo tan reducido haberá que acudir, como sempre, ás páxinas dos rexistradores acreditados que participan nesta acción. Na web http://dominio.gal/promotion/ está toda a información e un resumo do ofertado polas diferentes empresas rexistradoras. Nesta ocasión participan Dinahosting, Entorno Digital, CoreHub, CdMon, Nominalia e Arsys. No caso de Dinahosting, o desconto en prezo vai acompañado dunha oferta propia do rexistrador galego no seu paquete de hosting especial, cos hosting a menos da metade de prezo e máis descontos nos servizos dedicados.

PROMOCIÓNS CONXUNTAS

A promoción forma parte das accións acordadas cos rexistradores que traballan habitualmente con PuntoGal, cos cales o dominio mantivo unha reunión de traballo en Santiago de Compostela o pasado mes de outubro. Nesa xuntanza, na que tamén estiveron presentes os rexistros .eus (Euskadi) e .barcelona e .cat (Cataluña) propuxéronse distintas liñas de colaboración para optimizar a comercialización dos dominios.

PuntoGal, que conta a día de hoxe con máis de 4.200 dominios, finaliza con esta oferta as súas promocións do ano 2017. A anterior acción foi a realizada en colaboración co Museo do Pobo Galego co gallo do seu corenta aniversario. Sen embargo, o dominio participará antes de fin de ano noutras actividades. Unha das máis destacadas será a participación no mes de decembro na feira Culturgal en Pontevedra, onde terá stand propio por terceiro ano consecutivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alberto Vaamonde

Considero que esta é unha iniciativa que axuda moito a que os comercios creen a suas webs persoais e cun dominio en galego. Destacar tamén a labor da única empresa galega de hosting que é Raiola. Levan anos facendo unha boa labor. Todo o que sexa mellorar a Galicia onde vivimos pareceme ben.