O conselleiro de Sanidade mantén a súa oposición ao comercio legal do cannabis

Almuiña cre que "non existen razóns sociais ou de saúde" que "xustifiquen un comercio legal do cannabis"O conselleiro de Sanidade chama a ser "precavidos" fronte aos "movementos que tratan de normalizar aínda máis o seu consumo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2017 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou este venres que "non existen razóns sociais ou de saúde" que "xustifiquen ou favorecen un comercio legal do cannabis, como pretenden os promotores deste mercado" que, sostivo, "utilizan técnicas, xa coñecidas, similares ás que durante anos utilizaron as empresas tabaqueiras". Así o manifestou no acto de inauguración do I Congreso Internacional sobre cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei' que este venres e sábado se celebra en Catoira (Pontevedra).

Foro sobre o cannabis en Catoira (Pontevedra)
Foro sobre o cannabis en Catoira (Pontevedra) | Fonte: Europa Press

"Temos que ser precavidos fronte aos movementos que tratan de normalizar aínda máis o seu consumo", advertiu o titular de Sanidade, quen recalcou que a misión dos xestores sanitarios "é protexer á mocidade".

Almuiña comentou que "igual que ocorre con outras substancias psicoactivas, cuxo consumo está moi normalizado e que son as que dan maiores problemas de saúde pública, existe unha relación directa entre a tolerancia social, a normalización do consumo e as prevalencias de uso en idades novas".

Respecto diso, o conselleiro engadiu que na actualidade "se coñece ben a relación entre o consumo de cannabis nestas idades con algunhas alteracións no desenvolvemento do sistema nervioso central, o fracaso escolar e outras anomalías".

"E se lle engadimos ademais outros problemas, como a psicose, os accidentes de tráfico ou condutas sexuais de risco, podemos ter unha imaxe clara do problema ao que nos enfrontamos e que, como responsables de saúde pública, non debemos sobrevalorar pero tampouco trivializar", apostilou.

MOTIVACIÓN

Para o conselleiro de Sanidade, "do mesmo xeito que ocorre cos promotores de produtos de tabaco, alcol ou xogo online" débese "ter sempre en mente que, aínda que os argumentos se revistan de aparentes razóns altruístas ou liberadoras", o "principal afán destes comercios é o propio enriquecemento, á conta da saúde dos consumidores, persoas novas na súa maioría".

"Temos claro que detrás de moitos movementos procannábicos se esconden intereses económicos que buscan clientes cativos de procesos adictivos", sostivo Almuiña na súa intervención.

En relación ao suposto efecto terapéuticos do cannabis, o titular de Sanidade da Xunta sinalou que "a prescripciónde unha terapia farmacolóxica é competencia exclusiva dos profesionais sanitarios". "E, como non podía ser doutro xeito, calquera fármaco debe ser posto no mercado seguindo as canles de avaliación de eficacia e seguridade que marca a normativa", abundou.

CONSUMO

Sobre o uso como substancia psicoactiva, Sanidade indicou que os números "son claros e semellantes" en Gaicia e outras comunidades autónomas e europeas. O conselleiro indicou que "máis do 35 por cento da poboación galega de 15 a 65 anos recoñece consumir cannabis algunha vez na súa vida, e o 2,1% faino a diario".

"Se nos referimos á poboación de 14 a 18 anos, a enquisa ETUDES revela que un de cada sete dos nosos adolescentes, algo máis do 13%, recoñece consumir cannabis nos 30 días anteriores ao momento da enquisa", indicou.

Almuiña manifestou, ademais, que durante 2016 en Galicia "case 1.500 pacientes foron atendidos polo sistema asistencial galego por presentar problemas derivados do consumo de cannabis". "E un número non desprezable de pacientes, sobre todo en poboación xuvenil, foron atendidos en centros hospitalarios por reaccións adversas graves, sobre todo psicoses, incluíndo crises esquizofrénicas", concluíu.

Galicia conta, lembrou o titular da carteira sanitaria, cun programa de formación específica sobre este tema, dirixido aos sanitarios, "co fin de proporcionarlles ferramentas para detectar consumos no seu inicio e información para romper todos os mitos que viran sobre esta sustancia desde as consultas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 alan147

ES una pena ya que el cannabis es una planta muy beneficiosa para personas que tienen problemas graves. Creo que el problema es que no conocen las distintas variedades que existen y que no cualquiera puede usar las mismas cepas de marihuana medicinal. Se necesita una persona que sepa sobre el tema para que recomiende la planta mas apropiada para cada problema de salud. Un ejemplo es que variedades con una mayor proporcion en CBD ayudana personas que necesitan relajarse y evitar los "sudidones"