Temas: VALDEORRAS

Valdeorras busca a acreditación ENAC para 2018

A renovación dun convenio coa Universidade de Vigo axudará a avanzar nesta liña.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 01/12/2017 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O Pleno do Consello Regulador autorizou onte a actualización da sinatura dun convenio coa Universidade de Vigo para avanzar nos trámites de cara á obtención da acreditación ENAC, segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17065, en 2018.

Pleno do Consello Regulador
Pleno do Consello Regulador

ENAC é unha organización declarada de utilidade pública, independente e sen ánimo de lucro cuxa misión é avalar a competencia técnica dos organismos de avaliación de conformidade para xerar, así, confianza nas súas actividades á Administración, ao mercado e á sociedade en xeral.

Estrito control de calidade

Segundo afirma García Pando, presidente do Consello Regulador, “esta acreditación é imprescindible para que os consumidores poidan ter garantías plenas de que detrás de cada botella de viño de Valdeorras que se comercializa existe un estrito control de calidade”.

Co obxecto de actualizar os procedementos do organismo que permitan avanzar nesta liña de traballo, o Pleno decidiu, ademais, promover modificacións nas normas de explotadores, de adegas e no manual de calidade. Xunto a isto, autorizouse a contratación dun técnico a media xornada para axudar ao Órgano de Control en todo o traballo necesario para axustar os parámetros da D.O. aos requirimentos de ENAC.

Finalmente, o Pleno aprobou tamén hoxe a renovación dos membros do Comité de Garantías do Consello Regulador para que cada un dos colectivos que compoñen o organismo teñan representación: cooperativas, adegas e viticultores. A estes sumaranse os representantes do Ingacal e do Instituto Galego de Consumo e unha persoa en nome do propio Consello Regulador.

Temas: VALDEORRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta