Concentración a favor da autodeterminación e dunha República Galega no día da Constitución Española

Un total de 17 organización, asociacións e colectivos piden aos partidos nacionalistas e de esquerda “acordos” para superar o ciclo autonómico.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/12/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Desde A Guarda ata Burela. Organizacións, asociacións e colectivos culturais de todo o país realizarán diversas concentracios o vindeiro 6 de decembro coincidindo coa celebración do 39º aniversario da Constitución Española. Un día no que reclamarán o dereito de autodeterminación e a constitución dunha República Galega. 

Acto simbólico de enterro da Constitución en Vigo
Acto simbólico de enterro da Constitución en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

“O motivo desta concentraçom é explicitar a nossa aposta política e estratégica pola queda do regime neofranquista espanhol, reclamar o exercício unilateral do direito de autodeterminaçom -umha vez que, segundo mostra com absoluta claridade o processo catalám, é constatável a impossibilidade de democratizar o Estado espanhol nesta direçom- e reivindicar a República Galega”, indican nun comunicado.

O acto será en Vigo ás 12.00 horas ao pe da Cruz franquista erixida no monte Castro, en Vigo.  As entidades suliñan que a convocatoria pública deste ato foi comunicada “em tempo e forma ao Governo espanhol” e pretende ser umha “denuncia explícita” do actual cadro constitucional e “um balanço crítico do ciclo autonómico”. 

PIDEN ACORDOS PARA SUPERAR O CICLO AUTONÓMICO

“Acreditamos que unicamente a possessom do nosso próprio Estado garante as condiçons mínimas exigíveis para abordar com garantias e vocaçom resolutiva as principais problemáticas económicas, sócio-laborais, lingüísticas, ambientais, etc. que enfrenta o povo galego”, sinalan. 

Neste sentido, consideran “absolutamente esgotado e sem percorrido” o ciclo autonómico e constitucional e convidan aos agentes sociais, sindicais e políticos de Galicia a chegar a acordos pra a “superaçom do atual quadro jurídico-político e conquista da soberania nacional”.

As entidades convocantes son Asociación Cultural Arrulique (Vigo), Asociación Jimmy Sempre com Nós (Crunha), Assembleia Nacional Galega (ANG), Briga, CausaGaliza, Ceivar, Centro social Faisca (Vigo), Centro social Fuscalho (Guarda), Centro social Mádia Leva! (Lugo), Centro social Revolta (Vigo), Centro social Xebra (Burela), Colectivo Nacionalista de Marín (CNM), GalizaLivre, portal informativo, Oficina de Dereitos Sociais (ODS) de Coia (Vigo), Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado, Que Voltem para a Casa! eTerra Liberada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Anti...

Pois entre o zapateiro e o zarabeto mudaron un artigo tan importante que calquera proposta non vai adiante por exceso de gasto ou reducción de ingresos. Eran só dous cantamañas sen ningún voto dos cidadans. Pailán.

1 nostrus

Estes ocho o nueve individuos que se manifiestan querran hacer la constitución ellos solos sin que participemos los demás y encima diran que es democratico y que es lo que quiere el pueblo. Supongo que pretenderan que millones de personas estemos en desacuerdo para que esta media docena este a gusto.

1 tino

espanholo, non te cabrees home, que che senta mal para a saúde, tranquilo, fas ben en estar moi contentiño coa túa constitución que ninguén cumpre