Os drons, novas ferramentas para loitar contra os lumes

A Concellería de Seguridade Cidadá de Ponteareas estuda incorporar un dron como ferramenta para actuacións dos bombeiros.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 06/12/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Calquera cousa vale para tentar facer fronte aos lumes, especialmente, logo da terrible vaga de incendios do pasado outubro na que se queimaron 50.000 hectáreas e morreron catro persoas. De feito, diversos concellos están xa ensaiando distintas ferramentas para facer fronte as lapas, desde instalar canons de auga nos tractores ata utilizar drons.

Os bombeiros de Ponteareas usarán drons para loitar contra os incendios
Os bombeiros de Ponteareas usarán drons para loitar contra os incendios | Fonte: Concello de Ponteareas

Precisamente, a Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas estuda o emprego de novas tecnoloxías e ferramentas como o dron para actuacións de emerxencia e para o desenvolvemento diario dos bombeiros de Ponteareas.

Así o sinalou este martes Vanesa Fernández. A concelleira de Seguridade Cidadá explicou que, para mellorar a calidade do servizo dos bombeiros e axilizar nas súas actuacións, están estudando incorporar o uso do dron.

Pero para iso, parte do persoal de bombeiros debería formarse nun curso básico de cincuenta horas de duración e nun curso avanzado de 70 horas teórico-práctico que lle permita obter a titulación de “piloto de RPAS (Remote Pilot Authorized System) homologado por AESA a través de ATO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 luke skywalker

DRONES???? señores cobradores vecinos de carballeda reciben facturas de bombeiros de 800 euros de 1.200 euros, de 400 euros por extinción despois de ver como ardían as suas casas... siguen os alguns xornalistas inxenuos caendo nas alucinacions da pepeirada ... NON PIDEN A DIMISION DO XEFE DE SALA DO 1-1-2 (non centodoce) O CONSILLEIRO RUEDA VALENCIANO- non din o que esta pasando! e anda con contos e inutilidades todo isto e un.ha farsa mais dun gobernó onde arden 70 mil hectáreas e os moi cucos decina de 30 mil... son moi ratas os pepeiros, autenticos monstruos contaminados polo mal, uns autenticos malvados...