A Xunta asegura que non ten na súa axenda “transferir competencias” ao Estado

Feijóo destaca que hai que evitar o “ruído e a impaciencia” nunha hipotética reforma constitucional e pídelle aos partidos que teñan “sentido de estado”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 08/12/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O presidente da Cámara, Miguel Santalices, dixo hai uns días alto e claro que non aceptaría que Galicia perdera competencias nunha hipotética recentralización do Estado. E, este xoves, foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o que tivo asumir tamén ese compromiso, aínda que fixeron falta dúas preguntes para arrincarllo; “Non está na nosa axenda tranferir ningunha competencia”, indicou.

A Xunta busca negociar o traspaso da  AP-9
A Xunta busca negociar o traspaso da AP-9

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo insistiu en que esa “hipótese” --a dunha recentralización-- non está “enriba da mesa” e, polo tanto, “non é unha hipótese de traballo”. Con todo, dixo que, co Estado, o que está aberto é un debate sobre como mellorar certas competencias, especialmente, en materia de xustiza ou da transferencia da AP-9.

En todo caso, destacou que para falar dunha reforma constitucional compre “sosego e reflexión”, aínda que non se opuxo a unha reforma. “Xa pasaron 40 anos da Carta Magna e quizais haxa que actualizala pero para iso é necesario o mesmo sentido de estado que houbo cando se aprobou”, indicou. Un “sentido de estado” que teñen algúns partidos, dixo, pero dubidou doutros.  “Hai quen xa quere, directamente, derrogar a Constitución”, indicou en alusión a Podemos.

Por iso, dixo concordar coas “reflexións” do presidente español, Mariano Rajoy, de evitar o “ruído e a impaciencia”. “Xa hai unha comisión no Congreso que está traballando nisto e hai que deixarlle facer”, sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anti...

Unha boa nova, o goberno galego co seu presidentiño transferidos ao goberno sito nos madriles. Que os receban ca mesma ledicia co que lle digo abur.

1 anonimo

Isto é noticia?? Será para vós. Os que aínda pensamos por nós mesmos xa o dabamos por feito.