Intensa actividade sísmica no noroeste con cinco terremotos en 30 días

O pasado xoves outro sismo de 3,6º afectou a Vila Real, fronteirizo con Galicia.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 11/12/2017 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Un sismo con 3,6º de magnitude na escala Richter tivo lugar na zona de Mesão Frío, distrito de Vila Real, e foi sentido na tarde do xoves en diveras zonas da fronteira galega. E non é a única actividade sísmica.

Segundo informacións do Instituto Portugués de Mar e Atmósfera (IPMA), nos últimos 30 días, tiveron lugar outros catro sismos no norte de Portugal e en Galicia, aínda que con menos intensidade que o de Vila Real.

Un día antes, o mércores, outro pequeno terremoto tivo lugar preto de Vinhais, no distrito de Bragança, tamén na fronteira con Galicia, aínda que foi de magnitude moi pequena, apenas 1º na escala Richter.

Tamén preto desa zona, o pasado 10 de novembro, en Vila Real, na freguesía de Guiães, repetiuse outro exactamente igual, de magnitude 1º.

Pola súa banda, Galicia rexistrou dous pequenos tremores o mes pasado. O primeiro foi o día 11, en Lugo, con 1,6º de magnitude. Dous días despois ocorreu outro en Ourense, con 2,1º na escala Richter.

O distrito de Évora rexistrou tres sismos tamén este xoves, mais todos con 1º ou menos na escala. Para alén dun que ocorreu en Setúbal e outro no Algarve. Ningún foi sentido.

Sismógrafo, o trebello que mide os terremotos
Sismógrafo, o trebello que mide os terremotos | Fonte: : Yamaguchi先生 Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta