A TVG, a canle máis vista na ponte de Nadal

A televisión pública galega acadou un 14,3% de audiencia nas horas do 'prime time' e Land Rober Tunai Show foi o programa máis visto, cunha cota de pantalla do 31,3%.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2017 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A TVG foi a canle preferida polos galegos na que vai de Nadal. E foino nas horas do prime time, cunha cota do 14,3% (2,6 puntos por riba da seguinte canle), así como no conxunto do día, cun 12,8%, onde superou en máis dun punto de cota o competidor máis próximo.

O especial de Noiteboa do 'Land Rober', o programa máis visto en Galicia.
O especial de Noiteboa do 'Land Rober', o programa máis visto en Galicia. | Fonte: crtvg.gal

Dende o venres 22 ata o luns 25, día de Nadal, destacan os resultados da TVG sobre todo do domingo 24, cunha cota do 17,4% no conxunto do día, que equivale a cinco puntos e medio máis que La 1 e que duplica á audiencia acadada por Antena 3 no prime time.

Ademáis, a televisión pública galega conseguiu estar entre 6 das 10 emisións máis vistas, entre as que se atopan as tres de maior audiencia en Galicia no devandito periodo.

O programa máis visto foi o Land Rober Tunai Show Especial Noiteboa, que se converteu no programa máis seguido na ponte, cunha cota de pantalla do 31,3% e con picos de audiencia (ás 23.36 horas) do 38,4%. Tamén en Noiteboa, o Telexornal Mediodía obtivo unha cota do 27,1%.
Finalmente, o especial da Lotaría do Nadal do venres 22 alcanzou un 26,1% de share e a mensaxe do Rei, foi máis seguida na TVG que en ningunha outra canle, cunha cota do 24%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta