Os líderes do PP, C's e BNG en Lugo ofrécense a liderar unha moción de censura

Lara Méndez perde a moción de confianza á que se someteu cos votos en contra de populares, Ciudadanos e IU. A alcaldesa defende os orzamentos por ter unha "gran capacidade investidora".

Por E.P. | LUGO | 27/12/2017 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, perdeu a confianza do pleno da corporación, despois de que o PP, grupo maioritario con nove concelleiros, Ciudadanos con dous e ACE-Esquerda Unida cun, votasen en contra, e despois de que os grupos que a apoiaron na súa investidura, Lugonovo (3 edís) e BNG (2) se abstiveran. Os oito concelleiros do PSOE votaron a favor da "confianza" a Méndez.

Pleno da corporación de Lugo
Pleno da corporación de Lugo | Fonte: Europa Press

Agora ábrese a posibilidade dunha moción de censura. A oposición dispón dun mes para expor esta opción --pola contra as contas acabarían aprobadas de forma inicial--, ofrecéndose a liderar esta fronte o PP, Ciudadanos e mesmo o portavoz do BNG, Rubén Arroxo, que acusou aos populares de "estar obcecados coa moción de censura" após deixar caer o portavoz Antonio Ameijide que se abrían a esa posibilidade.

"Paréceme moi ben, é moi fácil anunciar unha moción de censura cando se sabe que non se conta cos apoios (son precisos 13 concelleiros de 25) suficientes. Eu hoxe aquí, Rubén Arroxo Fernández, ofrézome a liderar unha moción de censura e ser o candidato á alcaldía e animou a ACE e a Lugonovo a formar un goberno á esquerda do PSOE", espetou.

Tamén a portavoz de Ciudadanos, Olga Louzao, recriminaba ao PP que renunciase a "ser alternativa de goberno, estando moi cómodo na oposición e nas dedicacións exclusivas". "Ao PP dálle preguiza gobernar, agora din que están abertos a falar dunha moción de censura. Se o PP renuncia a xogar ese papel, C's iniciará mañá con todos os grupos, sen exclusión de ningún tipo, a procura dun goberno plural e transversal", destacou.

MÁIS CRITICAS

A portavoz de Lugonovo, grupo que do mesmo xeito que o BNG apoiou ainvestidura de Méndez e este mércores abstívose, Cristina Pérez Herraiz, reprochou ao goberno socialista que "apenas" se perciba unha "transformación da cidade", en dous anos e medio de lexislatura.

En representación de ACE-Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, cualificou os orzamentos, vinculados á confianza, de "antidemocráticos e falsos", ademais de "irreais". Criticou que a alcaldesa se instalase no "narcisismo".

O portavoz popular, Antonio Ameijide, acusou a Lara Méndez de "abusar da confianza" dos lucenses, e emulando ao expresidente José María Aznar convidouna a que marchara. "Váiase, Lugo non a merece", aseverou. Tamén aproveitou para criticar que os grupos de esquerda se envorquen en "ir en contra do PP".

ORZAMENTOS

Xa no comezo, a alcaldesa, Lara Méndez, explicou que o pleno obedecía á "necesidade" de aprobar os orzamentos municipais (95,4 millóns de euros). "Querémolos aprobar inicialmente e por iso vinculámolo a unha cuestión de confianza", dixo. "Entendemos que é un instrumento necesario para o desenvolvemento da nosa cidade, e non podemos estar outro ano como en 2017, sen orzamento", ha justificado.

E é que a oposición tirou as contas que presentou o goberno socialista, en minoría con oito edís, co que Lara Méndez busca que se lles "permita executar un orzamento, que é o mellor dos últimos anos para a cidade de Lugo", segundo valorou.

"Un orzamento cunha gran capacidade investidora, destina un 40 por cento a investimentos pasando de seis a nove millóns de euros. Un orzamento que segue sendo social, con 23 millóns de euros", enumerou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 comunista independentista

Como se fose a primeira vez que o Bloque fai pinza con Ciudadanos. En Pontevedra xa é norma.

1 Abrairas

O BNGuai sempre disposto aínda cos votos do PP e Ciudadanos

1 Misha

Si así les va

2 EgHj

Outros dous par vos que tan solo leen os títulos e despois xa escriben. Rematade de leer a nova anda e despois opinade.

3 Misha

Leea ti primeiro que polo que vexo eres analfabeto funcional

4 yFdc

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJA misha dirás leela outra vez. Que ten que ver o título coa noticia, analfabeto funcional dis jajajajajaja canta coraxe e valentía vos da o anonimato da internet os fracasados coma tí.venha pai lán vai ra ñala, te lo digo en fino castellano como a ti te gusta " así te va"