Gloria Lago levará a Barcelona a súa iniciativa de recoller firmas para “Hablemos Español”

A impulsora de Galicia Bilingüe supervisará a campaña para que “ningún hispanohablante sea discriminado en Cataluña nin en ningún lugar de España".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 29/12/2017 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

500.000 firmas. Ese é o obxectivo da iniciativa posta en marcha por Gloria Lago, a líder de Galicia Bilingüe, que agora deu o salto ao Estado a través da asociación “Hablemos Español”. O seu obxectivo é que “ningún hispanohablante sea discriminado en Cataluña nin en ningún lugar de España". Despois de facer unha primeira parada en Madrid, o pasado 8 de decembro, a súa caravana lingüística vai a Barcelona. 

Integrantes de Hablamos Español presentando unha iniciativa de libertad lingüística no Congreso. Entre eles, Gloria Lago
Integrantes de Hablamos Español presentando unha iniciativa de libertad lingüística no Congreso. Entre eles, Gloria Lago | Fonte: Hablamos Español

En Madrid, do medio millón de firmas que buscan, recolleron 30.000. En Barcelona agardan que sexa un numero superior e, por iso, ata alí se desplazará a propia Lago para supervisar a campaña. Con ela colaborarán voluntarios cataláns que se inscribiron como fedatarios para recoller firmas. 

Tamén haberá representantes das entidades catalás que colaboran con 'Hablemos Español' e comparten os obxectivos da campaña: Societat Civil Catalá, Asociación pola Tolerancia, Impulso Cidudadano, Asamblea por unha Escuela Bilingüe, D'Espanya i Catalans, Periodistas Pi i Margall, Somatemps, Centro Libre de Arte y Cultura, Concordia Cívica, Profesores por el Bilingüismo,  Españoles del montón e o sindicato AMES.

"EXTENDER EL PROXECTO EN TODAS LAS ESQUINAS"

O obxectivo de Gloria Lago é "extender el proxecto a todas las esquinas de España", pois se trata, ao seu xuízo, de "un problema de derechos civiles, con grandes implicaciones afectivas, y que afecta a la educación de los hijos, a la libertad y a nuestro país".

Foi o pasado mes de outubro cando a Mesa do Congreso dos Deputados admitiu que a proposta de Ley de Liberdad de Elección Lingüística sexa tramitada como Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Con iso, 'Hablamos Español' dispón de sete meses para reunir as 500.000 firmas certificadas necesarias para que a lei sexa debatida e, no seu caso, aprobada no Congreso.

Esta iniciativa impulsada por Lago busca garantir que todos os nenos de España poderán estudar en español, se así o desexan, e que os hispanohablantes de todas as comunidades autónomas teñan os mesmos dereitos lingüísticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 anonimo

Lo que faltaba de la manipulación ja ja ja ja. La asociación se llama Hablamos Español no hablemos, ja ja ja , sois la pera.

6 Moi de Gloria

Grazas Gloria e grazas Galicia Bilíngüe. Facedes un estupendo labor de promoción da lingua galega. Esta campaña a favor do noso idioma non é quen de facela nin a Secretaría Xeral de Política Lingüística, con todos os medios dos que dispón, nin a MNL. Grazas Gloria, sigue así, non te rindas. Feliz 2018.

5 Anti...

Quen soltará os cartos pra todo iso.

1 Mira

El CNI y faes y los periódicos madrileños

4 Un de paso

A min iso de 'Hablemos español' sóame a imposición do forte. Recorda tempos pasados...

1 mariajo

No te lo están imponiendo, solo reclama su derecho a decidir en que hablar, también a que tú decidas porque hasta ahora los que imponeis sois vosotros.

2 Ouveos españolistas

Di a lei española, para o castelán DEBER, obriga e imposición; para os outros idiomas, dereito a usalos. Podes mentir o que queiras, aquí e agora (e xa non falemos da historia) o único idioma imposto é o castelán.

3 Bilislinguismo

Fai máis Gloria Lake polo independentismo galego que Beiras ou Méndez Ferrín en toda a súa vida. Fixo máis Rajoy polo independentismo catalán recollendo firmas por todo o Estado español e sementando odio que todos os partidos nacionalistas cataláns, eu consideraría a Rajoy o estandarte da independencia de Catalunya. Estes novos Populistas disfrazados de liberais pseudo modernos son de traca.

1 nostrus

Si, pero non te decatas de que o independentismo catalán promociona mais a Rajoy que él mesmo. Si siguen coas suas manias teremos Rajoy para ratao.