Rande entra na historia como obra de infraestrutura e como unha das peaxes máis caras do Estado

A ampliación da histórica ponte na ría de Vigo custou 191 millóns. Un diñeiro que a adxudicaria cobrará ao longo dos vindeiros 20 anos con subas na peaxe. Rajoy, acompañado de numerosos cargos, inaugurou este sábado as obra dunha "ponte que quedaba pequena". Fotogalería no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 30/12/2017 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Ponte de Rande entrou xa na historia da inxeñaría moderna por ser unha das obras de máis complexidade técnica e, sobre todo, por ser posible unha ampliación logo da súa construción. Pero tamén será famosa esta infraestrutura por ser unha das máis caras para os galegos xa que o seu custe será cuberto por aumentos continuos de un 1% da peaxe durante os vindeiros 20 anos.

Rajoy, Ana Pastor, Rajoy e Íñigo Gómez de la Serna / na inauguración da ampliación da Ponte de Rande / Miguel Núñez
Rajoy, Ana Pastor, Rajoy e Íñigo Gómez de la Serna / na inauguración da ampliación da Ponte de Rande / Miguel Núñez

De feito, este 1 de xaneiro xa se producirá a primeira suba. Será un 3,1% o que suba. E todo para pagar os 191 millóns de euros que custou a ampliación da ponte con máis tráfico de Galicia. Unha peaxe que cobra Audasa, a concesionaria, dunha autoestrada que segue sendo competencia do Estado e pola que leva cobrando desde 1973, tras conseguir unha nova prórroga por parte do Estado.

INAUGURACIÓN

E tal é a importancia que o Estado lle dá a esta infraestrutura, que pertence a Itínere, do Grupo Sacyr-Vallehermoso, que a inauguración da ampliación asistiron o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna; a súa antecesora no cargo e actual presidenta do Congreso, Ana Pastor; e outras autoridades.

UNHA PONTE QUE “QUEDABA PEQUENA”

Durante a súa intervención na inauguración, Rajoy xustificou estas obras porque a ponte de Rande "queda pequena", e afirmou que a ampliación da capacidade da autoestrada neste tramo é unha "excelente noticia" para os municipios da contorna, e para as cidades de Vigo e Pontevedra.

David Regades e Abel Caballero en Rande
David Regades e Abel Caballero en Rande | Fonte: Miguel Núñez

Así mesmo, o titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu o labor dos gobernos que impulsaron e executaron esa obra (con mención a Zapatero, José Blanco, e a Ana Pastor e Íñigo de la Serna). Advertiu, en relación á AP-9, que é "imprescindible" unha "reflexión" sobre a peaxe que grava o tramo entre Redondela e Vigo, pero nada dixo da suba da mesma no 2018 e nos vindeiros anos.

A ese respecto, o presidente do Goberno confirmou que a comisión mixta creada sobre a xestión da autoestrada "estudará" esa cuestión na súa próxima reunión, no mes de xaneiro.

Reporteiros gráficos e xornalistas
Reporteiros gráficos e xornalistas | Fonte: Miguel Núñez
Feijóo, Ana Pastor, Rajoy e Gómez de la Serna na inauguración da ampliación da Ponte de Rande
Feijóo, Ana Pastor, Rajoy e Gómez de la Serna na inauguración da ampliación da Ponte de Rande | Fonte: Miguel Núñez
Ponte de Rande
Ponte de Rande | Fonte: Miguel Núñez
Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Miguel Núñez
Feijóo, Rajoy, Ana Pastor, Gómez de la Serna e Caballero na inauguración da ampliación da Ponte de Rande
Feijóo, Rajoy, Ana Pastor, Gómez de la Serna e Caballero na inauguración da ampliación da Ponte de Rande | Fonte: Miguel Núñez
Feijóo, Ana Pastor, Rajoy e Gómez de la Serna na inauguración da ampliación da Ponte de Rande
Feijóo, Ana Pastor, Rajoy e Gómez de la Serna na inauguración da ampliación da Ponte de Rande | Fonte: Miguel Núñez
Abel Caballero e Ana Pastor
Abel Caballero e Ana Pastor | Fonte: Miguel Núñez
Íñigo Gómez de la Serna, Rajoy e Ana Pastor
Íñigo Gómez de la Serna, Rajoy e Ana Pastor | Fonte: Miguel Núñez
Rajoy, Feijóo e Alfonso Rueda en Rande
Rajoy, Feijóo e Alfonso Rueda en Rande | Fonte: Miguel Núñez
Abel Caballero e Mariano Rajoy na inauguración da ampliación da Ponte de Rande
Abel Caballero e Mariano Rajoy na inauguración da ampliación da Ponte de Rande | Fonte: Miguel Núñez
Rajoy, con Gómez de la Serna, Ana Pastor, Feijóo e Santiago Villanueva
Rajoy, con Gómez de la Serna, Ana Pastor, Feijóo e Santiago Villanueva | Fonte: Miguel Núñez
Feijóo, Ana Pastor e Íñigo Gómez de la Serna
Feijóo, Ana Pastor e Íñigo Gómez de la Serna | Fonte: Miguel Núñez
Pilar Rojo e Enrique López Veiga na inauguración da ampliación da Ponte de Rande
Pilar Rojo e Enrique López Veiga na inauguración da ampliación da Ponte de Rande | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Andrea

Es importante mantener la historia viva, es necesario cuidar estos monumentos, más alla´de las opiniones políticas que tengamos. Dejemos de sentirnos como dioses egipcios

1 Roya

André hija qué fumas

3 Gamela

O día chegará no que ninguén peaxe pagará !!!

2 Cipollina en Tabernia

Por certo, creo que esquecestes algo: http://www.sermosgaliza.gal/articul...

1 comunista independentista

É certo. Facédelle caso os Príncipes Destronados do Bloque e o seu panfleto Sermóns Mejuto, que só eles len. Teñen défice de atención os pobres...

2 Cipollina en Tabernia

Non facedelle caso a este señor cuxas opinions sempre parecen beneficiar a dereita. Non se trata de facer caso por manter unha posicion ideoloxica ou a contraria, senon de valorar se ese medio e veraz ou non. Es un comunista moi raro prque sempre acabas indirectamente dando a razon a dereita.

3 Cipollina en Tabernia

Por certo seria de agradecer que non fixeras ese tipo de comentarios sobre o deficit de atencion.

1 Cipollina de Tabernia

Gocemos do votado e Bo e Ventureiro Ano.