Galiza Nova cumpre 30 anos de "esforzo" por achegar o nacionalismo á mocidade

A organización xuvenil do BNG celebra no 2018 o seu 30 aniversario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2018 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, celebra este ano o 30 aniversario da súa fundación, en 1988, tempo no que a súa función principal se centrou en "achegar" os valores do nacionalismo aos mozos galegos.

Rubén Cela, responsable local do BNG en Santiago
Rubén Cela, responsable local do BNG en Santiago | Fonte: Europa Press

O responsable do BNG en Santiago, Rubén Cela, incidiu en que "30 anos son moitos na historia de calquera organización", pero máis aínda na historia de "unha organización política xuvenil", xa que a mocidade é "un sector que experimenta cambios moito máis rápidos" que o conxunto da sociedade.

Rubén Cela explicou que, desde a súa fundación, Galiza Nova "cumpriu cos seus tres grandes obxectivos": achegar o "nacionalismo e os seus valores" aos mozos; "denunciar e dar alternativas" aos problemas da mocidade galega (desigualdade, educación ou o servizo militar obrigatorio); e servir de "escola de cadros" para o nacionalismo, xa que desta organización procede xente como a propia portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, entre outros altos cargos do partido.

Ademais, o responsable local do BNG remarcou que "é un orgullo" poder dicir que "a maior parte das novas altas de afiliación" ao partido "proceden de mozos que formaban parte de Galiza Nova".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

12 Noa Ramos

A xulgar polas fotos vese ben que a rapazada de GN fan pouco deporte e comen e beben en abundancia. Responden perfectamente á idea que todos temos deles.

11 Fiolo

Vedes os bandullos? Pois iso.

10 O que queda do BNG

Parabéns á maior fábrica de liberados eternos do nacionalismo galego de obediencia --bancaria-- española polos seus 30 anos. Seguide así, creando emprego para os fillos dos coroneis.

9 LKI

Hai que recoñecer a grande labor de Paliza Bova. Leva 30 anos creando máis postos de traballo que o Inem. Se che sae un fillo limitado, con poucas aptitudes, con pouco talento para o estudo ou con poucas luces, sempre o podes meter en Paliza Bova e con tan só aprender os catro puntos do seu catecismo esencialista e identitario, poderá ter un postiño de por vida en calquera dos chiringuitos cos que EspaÑa suborna o BeNeGá para que sexa mansiño. Como pensan que fixeron os pais de Marquitos Maceiras? Un choio! Grazas Paliza Bova pola vosa labor desinteresada!

1 adianteGN

O povo segue vivo. A mocidade debe mantelo vivo. Non podemos permitir que Galiza acabe convertendose en La Rioja, La Región de Murcia, ou Comunidad de Madrid. Lavamos miles de anos sendo o que somos e estamos orgullosas diso. Non consigo entender porque non queredes ser galegas. Adiante GN.

2 LKI

Velaquí un dos catro puntos do catecismo esencialista e identitario ao que me refería: BeNeGá = Ser galega. Non BeNeGá = Non ser galega. É moi doado, axeitado incluso a xente cun CI/IQ precario.

8 moinhos

É moi lamentable ver o odio que teñen algúns galegos cara si mesmos. Galiza Nova é unha organización nacida da mocidade deste País, e con erros e acertos segue á facer unha labor voluntaria e moi necesaria. Adiante GN

1 Ejjjj que vamos

jajjaja, voluntaria di,....jajajjaaa,.... espera... jajajaja..... ai que me mexo,.... sí, igualiño que os da cociña económica, co mesmo soldo.... jajajja.

2 Non_lamentes_pelexa

Claro que si: Galiza precisa de xente coma vos. Moitos non conciben traballar por Galiza (despois de todo, os seus soldos saen do goberno central, non de Galiza ); pero non hai traballo mais meritorio. Non lle fagades caso aos pailáns do día e as súas brincadeiras. Está máis que demostrado (e cho digo a ti Ejjj que vamos) que non aportan NADA ó sitio onde viven. Son lixo e como tales se comportan. Vós adiante, hai moito que facer.