A Xunta entregou case un millón de euros á Corporación Voz de Galicia nun só día

O Goberno galego pechou 2017 cunha nova riada de cartos para os medios tradicionais, con máis de dous millóns de euros regalados nun só día a varias empresas mediáticas. O grupo de La Voz de Galicia recibiu case a metade de todo o concedido pola Xunta, que tamén segue subvencionando a Editorial Compostela, propietaria de El Correo Gallego, malia as súas débedas cos traballadores, Facenda e a Seguridade Social.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/01/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia segue sendo unha das principais vías de financiamento dos medios de comunicación tradicionais privados, que de non recibir millóns de euros en publicidade e subvencións do Goberno galego cada ano estarían competindo nunha situación de igualdade e moito máis delicada e precaria para eles, e probablemente perderían a súa hexemonía no mercado. O último favor do ano 2017 da Xunta aos medios convencionais, en declive, elevouse a nada menos que 2 millóns de euros, nun só día. Así o denuncia o sindicato CIG.

O presidente do Banco Pastor,  Ángel Ron Güimil; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o propietario do Grupo Voz, Santiago Rey
O presidente do Banco Pastor, Ángel Ron Güimil; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o propietario do Grupo Voz, Santiago Rey | Fonte: Xunta

En concreto, o 29 de decembro publicouse a resolución das axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiodifucións que actuén no noso país, cun gasto total de 1.666.194,87 euros. Ese mesmo día tamén se publicaron os xa clásicos convenios coa Corporación Voz de Galicia, S.L.U. e Editorial Compostela, S.A. para "a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela", polo que a primeira recibe 125.000 euros e a segunda, 115.000. Ademais, tamén se lle concederon outros 120.000 euros ao grupo de La Voz de Galicia para "a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) en Galicia no ano 2017".

A convocatoria dos 1.666.194,87 euros publicouse no DOG de 3 de maio. Xa de aquela, como todos os anos, a CIG denunciou a súa convocatoria pola "inexistencia de motivación real para esta subvención sen concorrencia competitiva". O sindicato considera que o único obxectivo desta convocatoria é "soster economicamente a súa actividade dando máis cartos canta maior difusión teñan, sen outra finalidade", o cal "ten como resultado financiar aos grandes grupos de sempre".

A principal beneficiada é La Voz de Galicia, con 677.300,54 euros (40,65%), aos que se suman as axudas concedidas a Voz de Galicia Radio (do grupo Corporación Voz de Galici) con outros 30.924,96 euros. Ao grupo Voz ségueno Faro de Vigo con 280.858,05 euros (16,86%) e El Progreso de Lugo con 110.657,76 euros (6,64%). Entre as tres empresas levan máis do 60% da subvención total. O 40% restante repártese entre un total de 18 empresas.

"O 29 de decembro foi un gran día para Corporación Voz de Galicia, S.L.U. Entre unhas axudas (para o xornal  La Voz de Galicia e para Radio Voz) e outras (dous convenios) chegou a sumar case un millón de euros (953.225,50 €)", subliña a CIG.

A Xunta reparte máis de 2 millóns de euros entre varios medios de comunicación nun só día
A Xunta reparte máis de 2 millóns de euros entre varios medios de comunicación nun só día | Fonte: CIG San Caetano.

Tamén chama a atención a axuda que recibe Editorial Compostela, por un total de 81.289,90 euros. Resulta que este grupo, propietario de El Correo Gallego, leva vaios anos atravesando unha fonda crise que o levou ao impago de nóminas e a unha débeda de 15 millóns de euros. En concreto, en outibro pasado, como publicou GC, debía aos traballadores 1,4 millóns de euros, cun plan de pago a longo prazo. Tamén tiña 1,2 millóns de débedas con Facenda e a Seguridade Social. Con todo, o director, en declaracións a GC, dicía que confiaba en que este xornal cumpriría moitos anos máis, sen dúbida, axudado coas axudas da Xunta de Galicia.

Para o sindicato "resulta moi doado comprender por que a gran maioría destes medios, sobre todo os que se levan a maior parte do pastel e teñen maior difusión, dificilmente van publicar información que sexa incómoda para o Goberno; todo o contrario, ao final atopámolos cheos de propaganda a favor deste".

O paradoxal destas axudas é que, sobre o papel, están destinadas a favorecer a "liberdade de expresión" e fomentar uns medios "máis plurais e independentes", e mesmo buscan "a potenciación da lingua e cultura galega" e "a galeguidade", pero chega con dedicar tan só un 8% do total do espazo á lingua propia de Galicia para recibir cartos.

Medios como Galicia Confidencial, líder da prensa en galego, ou Praza Pública, outro dos referentes da nova prensa en galego e alternativa aos vellos medios, ambos os dous con audiencias moi consolidadas e con grande impacto, non reciben un só euro de axudas. O único xornal en lingua galega que recibe cartos públicos da Xunta en concepto de subvencións é Sermos Galiza, que acada 918,57 euros, o terceiro que menos achegas recibe, só por diante da delegación galega de Europa Press (473,38 euros) e Radio Lugo (695,60 euros).

"Como xa temos denunciado, estes convenios, aínda que legais, resultan unha presunta fraude. No proceso non existe maior colaboración que a Xunta paga e o medio publica o que esta lle «suxire», o cal semella máis ben un contrato de publicidade en toda regra", censura a CIG.

AXUDAS DA XUNTA A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN

Beneficiaria

Importe

Editorial Compostela, S.A.

81.289,90

Editorial La Capital, S.L.

36.387,76

El Progreso de Lugo, S.L.

110.657,76

Europa Press Delegaciones, S.A.

473,38

Faro de Vigo, S.A.U.

280.858,05

La Opinión de A Coruña, S.L.U.

43.354,20

La Región, S.A.

85.368,94

La Voz de Galicia, S.A.

677.300,54

Lérez Ediciones, S.L.

66.750,41

Radio Coruña, S.L.

9.036,77

Radio Lugo, S.A.

695,60

Radio Orense, S.A.

9.692,48

Radio Pontevedra, S.A.

26.351,32

Radio Popular, S.A.

90.000,00

Radio Vigo, S.A.

1.017,82

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

23.459,39

Sermos Galiza, S.A.

918,57

Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.

28.892,58

Uniprex, S.A.

61.030,92

Virtual Vedra Comunicación, S.L.

1.733,52

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

30.924,96

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

16 limico

Acougade e razoade. Á culpa de que lle dean esa pasta á 'La Voz' é do BNG e da CIG. Á culpa de que non nazan nenos é do BNG e da CIG.. Á culpa de que á A9 non se transfira é do BNG e da CIG. Á culpa de que emigre toda á mocidade formada é do BNG e da CIG. Á culpa de que as empresas marchen para Portugal é do BNG e da CIG. Á culpa de que o idioma galego sexa o único do estado que perde falantes é do BNG e da CIG. Á culpa da desaparición da banca galega é do BNG e da CIG.......podedes seguir vós. Un pouco de sentidiño por Deus!

1 cazarraposas

Quen aplaude, outorga! E o BNG de Ana Pontón, Lores, García Negro e compañía aplauden a Santi Rey Fdez. Latorre, abrazado a Marrano Rajoy, o propagandista de Frijol. Logo o BNG é cómplice. Proe? Pois rasca ou aplica un insectica sistémico dentro da casa!

2 limico

Compañeiro 'cazarraposas', claro que me doe que se considere ao BNG culpable de tódolos males do País, cando apenas gobernou aguha área en catro anos de máis de corenta. Pero non teño xenreira, iso é para persoas con autoodio coma ti.

3 Lozano e Lores SLU

Autoodio ou autoego! Non vaia ser que de tanto mirarse ao espello, acabes crendo que es moi elegante e o raches! Quen considera "culpable de tódolos males", serás ti, que o dis! Ou falo para despistar, xa que ante feitos demostrables (a non regulación das axudas a prensa no bipartito, nin onde gobernan, de xeito notable nas deputacións, como o BNG financia con propaganda a La Voz, como o concello de Pontevedra de Lores é o que máis 'especiais' paga, e como asisten e aplauden arengas españolistas do Amo de La Voz), ti falas de emigración, banca ou Portugal... Moi a conto, para salvar as vergoñas!

4 La pastillita loqui

Y no te dejan aparcar en las haceras loquito!

15 Lozano e Lores SLU

A CIG que non diga nada, mellor caladiños, que os seus xefes (UPG) ben que alimentan no poder (incapacidade para regular as axudas aos medios, subvencións a esgalla no bipartito, propagandas continuadas do Lores e das deputacións clientelares...) e aplauden na oposición a La Voz de su Amo. Pontón e Villares deben estar felices coas enchentas de Santiago Rey. Despois que os queime no goberno ou aos alcaldiños, téñeno ben merecido, por serviles!

1 Ola loquito

Te tomastes la pastillita

14 Nati

Mucho hablar de igualdad de género, de lo mucho que se nos margina aún a las mujeres y luego resulta que el dinero va para pagar publicidad de periódicos como La Voz, el Correo, el de Vigo, etc,etc ¿Es así como realmente quiere la Xunta acabar con la desigualdad entre hombres y mujeres?. Ese dinero lo que sirve es para callar conciencias y tener a todos los medios controlados no vaya a ser que haya formaciones como Ciudadanos que puedan poner en peligro su hegemonía

13 Cipollina de Tabernia

Afortunadamente, hai aínda xornalistas en Galicia bos e xenerososs. Coma muller, coma galega e coma cidadá grazas. https://twitter.com/xornalistas/sta...

12 Fer

Inclíble que o diñeiro público, o meu diñeiro, acabe en medios que o que fan é fomentar o odio contra o galego e contra todos os partidos da esquerda. E vergoñento é que a oposición siga calada e aplauda a este señor nos saraos que monta en la Coru

1 Paco da Rosa

A oposición está entregada ao sistema (PSOE), ou castrada e moi ben acomodada (BNG e Mareas). Son os cómplices perfectos para que todo siga igual. Por iso lles encanta ir aplaudir ao señorito, a rirlle as arengas do rancio españolismo ao amo da Voz.