Sanción de 930.000 euros a catro navieiras por excederse nas viaxes a Cíes

Medio Ambiente desestima os recursos das compañías e confirma as multas a catro empresas pola comisión de infraccións graves por "incumprir as cotas autorizadas" de visitantes en agosto de 2017 no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Por E.P. | VIGO | 05/01/2018 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio impuxo sancións por un total de 930.000 euros a catro navieiras pola comisión de infraccións graves por "incumprir as cotas autorizadas" de visitantes en agosto de 2017 nas Illas Cíes, co que confirma a súa proposta inicial de sancións e desestima os recursos das compañías.

Illas Cíes
Illas Cíes | Fonte: Europa Press

Tal e como informou o departamento autonómico, as alegacións das empresas denunciadas foron desestimadas na súa totalidade "ao entender que non desvirtúan os feitos denunciados". Así, a Xunta mantén que coa sobreventa de billetes existiu risco potencial para preservar os valores naturais e para a seguridade das persoas.

A finais do pasado mes incoáronse 10 expedientes despois de que o Parque Nacional das Illas Atlánticas formulou denuncias ao detectar excesos de visitantes nos sistemas de control dos días 3, 5 e 19 de agosto --a cota é de 2.000 persoas en transporte regular, 200 en visitas organizadas e 800 no cámping--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cinismo

Dinero qué él cobarde se Feijóo no cobrará no vayamos a jo der a los amiguetes