"Exabruptos machistas de taberna"

O Colexio de Xornalistas de Galicia denuncia a publicación dun artigo machista de Xabier Vila-Coia co título ‘El caso ‘La Manada’: violación o película porno” aparecido nos xornais El Correo Gallego, La Región e Atlántico Diario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/01/2018 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Non son máis que “exabruptos machistas de taberna”, segundo a denuncia do Colexio de Xornalistas de Galicia, que ve un novo exemplo negativo dentro da súa campaña

Artigo de Xabier Vila-Coia en 'El Correo Gallego'.
Artigo de Xabier Vila-Coia en 'El Correo Gallego'. | Fonte: @xornalistas

“¿Los gemidos de la mujer que se escuchan en las grabaciones son de agrado o de desagrado? ¿Cierra los ojos por miedo o por vergüenza? ¿No comunica nada a causa del shock o debido a que nada tiene que decir? ¿Se halla en posición doggy style por imposición o porque es una de las más habituales en esta clase de prácticas? ¿Le tiran del cabello para obligarla o porque no es infrecuente que así ocurra durante la excitación y el acto sexual?”.

Co título El caso 'La manada': ¿Violación o película porno?, tres xornais galegos publicaron este venres un artigo de opinión firmado por Xabier Vila-Coia, politólogo e antropólogo, que cuestiona que a moza que denunciou unha agresión sexual en Pamplona fose realmente violada e no que insinua que se tratou dunha relación consentida e desexada. O devandito artigo apareceu en El Correo Gallego, La Región e Atlántico Diario.

“¿Es posible que una adolescente desee tener relaciones sexuales con varios hombres al mismo tiempo? ¿Puede alguien sentirse agredido sexualmente sin que de forma objetiva sea apreciada tal cosa por nuestros sentidos? Es decir: ¿dónde reside la agresión, en el hecho en sí o en cómo vivimos ese hecho? ¿El sentimiento de haber sufrido una agresión sexual puede surgir ex post, después del hecho, y no durante el mismo? Y si es así, ¿cómo podemos detectarlo y cómo debemos calificar dicho hecho a efectos jurídicos?”.

No seu twitter, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta “moito” que tres cabeceiras galegas “lle desen espazo a exabruptos machistas de taberna que, envoltos nunha linguaxe pretendidamente académica, culpan á vítima dunha suposta violación”.

“Pero... ¿se sometió o se dejó hacer? (la pasividad no necesariamente conlleva sometimiento). Quienes hayan estado en sanfermines saben que esta fiesta desencadena una catarsis dionisiaca colectiva que te impele a hacer lo que no habías hecho nunca”, asegura o columnista.

A crítica do CPXG contra estes medios por publicar artigos machistas non é a primeira. Hai xusto un ano, o Colexio tildou de “inaceptable” a culpabilización das vítimas da violencia machista que o xornalista Manuel Molares do Val realizou no seu artigo Víctimas de su sexismo, publicado en El Correo Gallego e Atlántico Diario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Xudeo

A santa Inquisición segue viva. Agora chámase Colexio de Xornalistas de Galicia

4 Anticensura

As feminazis son as monxiñas da nova relixión de estado, e o Colexio de Xornalistas actúa como a súa Santa Inquisición. Xa viu todo o mundo en internet as imaxes filtradas da "víctima" coméndolle o cu ao Prenda con ansia viva. Game Over prás feminazis.

3 couce da malicia

non din nada do de hoxe de can de palleiro, na couce da malicia??? aprobeita o asasinato de diana quer para decir que a culpa e toda das esquerdas de podreiros incluso di que o pe$oe esta igual e que soamente o pepeiro esta a favor da cadena perpetua e di que o fai sin complexos da democracia, o moi facista, debía de preocuparse mais de estar relacionado o pepeiro cun tipo que ten amigote de narconavegante non creen???

2 Que personaxe

El correo na súa liña, dando voz á dereita mais rancia...

1

El Correo xa non ten nin liña, deambulan.

1 Anti...

O antropólogo reflicte no seu artigo as suas fastasias sexuais, ter sexo grupal dise xeito e con unha morea de compañeiros.