Montañas de lixo nunha estrada de Vilalba

O PSOE pide a retirada inmediata de lixo acumulado na parroquia de Oleiros e acusa ao alcalde de "dobre moral" por "potenciar a reciclaxe con fotos e campañas cara os medios ao tempo que esquece a recollida de lixo no rural".

Por Galicia Confidencial | Vilalba | 08/01/2018 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Moreas de lixo. Esa é a lamentable imaxe que un se pode atopar na parroquia de Oleiros do concello de Vilalba, onde o ciscallo leva acumulado varias semanas nunha estrada. O Grupo Municipal Socialista xa pediu a súa retirada de forma urxente tralas queixas dalgúns dos veciños que denunciaron esta situación.

Montañas de lixo nunha estrada de Vilalba.
Montañas de lixo nunha estrada de Vilalba.

Os socialistas veñen de solicitar que o Concello proceda á retirada deste vertedoiro incontrolado que "pode ocasionar problemas para a veciñanza", advirten.

Facendo mención da campaña “Vilalba recicla no nadal” anunciada polo alcade do PP, Agustín Baamonde, en colaboración con Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo en Vilalba para o reparto de manuais de boas prácticas, desde o PSOE subliñan esta iniciativa como “unha boa acción para a concienciación medio ambiental, sempre que os servizos básicos do Concello estean cubertos, cousa que non sucede”, critican.

Deste xeito, o edil Luis Fernández sinalou “a dobre moral do señor Baamonde, que sae nos medios de comunicación con campañas tan necesarias como que o goberno local cumpra coa obriga básica e necesaria da recollida do lixo nas parroquias”.

Finalmente, desde o Grupo Socialista inciden na “deixadez que o alcalde ten cos asuntos que afectan ao rural”, esperando que as demandas de veciños e veciñas “sexan escoitadas e se actúe en consecuencia”, conclúen.

Montañas de lixo nunha estrada de Vilalba.
Montañas de lixo nunha estrada de Vilalba.

Esta situación en Vilalba lembra á tamén denunciada polo BNG de Coirós, concello onde foi guindada unha mora de pneumáticos no lugar de Figueiras, nun camiño forestal, preto dun centro de saúde e dunha escola.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta