A primeira romaría rock de Galicia

O Carballiño acolle o 26 de maio a primeira edición do RomeríaRock Arenteiro.

Por Galicia Confidencial | Carballiño | 08/01/2018 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Parque Municipal de Carballiño acollerá o próximo 26 de maio a primeira RomeríaRock que se celebrará en Galicia. A actividade está creada por Telecaster Events, promotora dirixida por ex organizador do Festival SonRías Baixas Diego Fernández, e conta coa colaboración do Concello.

RomeríaRock.
RomeríaRock.

O evento, que será de carácter diúrno e para todos os públicos, toma das tradicionais romarías galegas o espirito de veneración e aplícao aos máis grandes da historia do rock.

A organización lanzou unha campaña a través das súas redes sociais para que o púbico vote e decida a quen se dedicará a RomeríaRock Arenteiro. A composición do cartel artístico farase público proximamente, así como os puntos de venda de entradas.

O que xa adianta a organización é que incluirá artistas estatais, de Galicia e locais para unha cita chea de natureza, gastronomía, retranca galega e moito rock.

"Estou encantado de presentar Telecaster events coa RomeriaRock, e facelo en Carballiño faino aínda máis especial, por ser o meu lugar de nacemento. Tomar prestado por un día o fogar da Festa do Polbo reforza máis se cabe o vínculo que teremos coa gastronomía", explicou Diego de Bueu, director do festival.

O RomeríaRock Arenteiro buscará converterse nun dos festivais familiares de referencia en Galicia, reunindo tanto aos festivaleiros mais clásicos como ás familias, nunha xornada chea de actividades lúdicas e musicais.

Telecaster Events presenta o seu selo, que aplicará na Romeríarock e en todas as súas producións. "É unha forma de entender como se debe traballar no ámbito cultural. Despois de máis de dez anos traballando en produción de eventos, e toda unha vida asistindo aos mellores festivais da Península, definimos un estándar segundo o que creamos eventos tal e como nos gustaría que fosen os que visitamos."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta