A Xunta di que é posible traballar 16 horas durante 35 días para facer un encargo previsto en 105 días

Defende a subvención de 7.500 euros para organizar o arquivo de Vedra e asegura que o proxecto presentado polo Concello cumpría cos requisitos esixidos na convocatoria. "Entregouse en tempo e forma", asegura.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/01/2018 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A Subdireción Xeral de Arquivos da Consellería de Cultura defende a subvención de máis de 7.500 euros concedidas ao Concello de Vedra --Cultura aportou 5.000 e o concello 2.500-- para a organización dos seus arquivos. Un traballo que, orixinalmente estaba previsto realizar en tres mesese e medio, e que se fixo nun mes e cinco días. Isto implicaría que a persoa contratada tería que ter traballado durante 16 horas seguidas de luns a domingo e só lle quedarían oito horas para durmir, comer e realizar outras actividades.

Carlos Martínez, alcalde de Vedra, segundo pola esquerda, con Feijóo e a conselleira Rosa Quintana
Carlos Martínez, alcalde de Vedra, segundo pola esquerda, con Feijóo e a conselleira Rosa Quintana | Fonte: xunta.gal

Segundo a resposta que Cultura lle deu a este medio, “non é imposible cumprir nese tempo se traballas a tempo completo” --35 días--, un traballo previsto en 105. Ademais, fontes da consellería din que esa persoa tamén puido realizar o traballo “con axuda”, aínda que as bases do concurso só estipulaban a contratación dunha só adxudicatario. A oposición denuncia que a persoa contratada o foi pola súa relación persoal co voceiro do PPdeG no Concello de Vedra nun procedemento “case a dedo”.

A este respecto, a Consellería de Cultura asegura que o Concello de Vedra presentou outros dous orzamentos, por un importe lixeiramente superior á adxudicataria. Ademais, defende á persoa contratada, da que di que “ten experiencia en organización de arquivos, probada a través de contratos con outras empresas e mesmo con nós”, aínda que a oposición denunciara que é historiadora sen formación específica en Arquivística. Respecto ao tempo de execución, a Subdirección Xeral de Arquivos non esixe máis que se xustifique no prazo estipulado na orde.

“Indudablemente ter un coñecemento e experiencia avanzada na organización de arquivos e nos documentos dos arquivos municipais facilita e asegura a viabilidade e boa execución do proxecto. Partindo dese coñecemento exhaustivo, non é imposible cumprir en ese tempo se traballas a tempo completo ou con axuda”, indica na súa resposta a Galicia Confidencial.

TRABALLO “BEN FEITO”

Ademais, a Consellería de Cultura defende que a adxudicataria cumpriu o que se lle pedía nas bases do concurso, a pesar de realizar o traballo en 35 días e non nos 105 días previstos. “O traballo está ben feito e xutificado correctamente”, indica. Así, especifica que entregou unha base de datos con 12.569 rexistros, dos que 5.958 foron volcados da anterior base de datos e incorporáronse 6.611 novos rexistros. 

Por iso, e tal e como defendeu o propio Concello de Vedra neste medio a través do concelleiro de Cultura, a Xunta entende que o proxecto presentado por este municipio cumpría cos requisitos esixidos na convocatoria, que era o de organizar fondos documentais do Arquivo municipal.

Este traballo consistiu en volcar 5958 rexistros da anterior versión á nova que incluíu a descrición de novos fondos documentais municipais --inventario da documentación dende o ano 2009 á actualidade e descrición das actas do Pleno Municipal dende 1836--, o Fondo Sociedad de Emigrantes de Vedra en Bos Aires e o Libro de emigrantes. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti...

O pinocho dixo que en corenta dias remataba co paro en Galiza, o dos seus amigos e familia o outro é inda máis crible.