Temas: RC CELTA RACISMO

É Iago Aspas racista?

Jefferson Lerma, do Levante, asegura que o dianteiro do Celta lle chamou "negro de merda". O xogador galego négao.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/01/2018 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Tras a vitoria do Celta ante o Levante no Ciutat de València, por 0-1, o futbolista celeste Iago Aspas foi sinalado por, supostamente, dirixir comentarios racistas a un xogador do cadro valenciano durante a disputa do partido. En concreto, dise que durante o encontro chamou "negro de merda" a Jefferson Lerma.

Iago Aspas
Iago Aspas | Fonte: lfp.es

O xogador colombiano formulou a súa denuncia nos mircrófonos de Bein Sports: "Xa que estou fronte ás cámaras quero facer unha denuncia. Estes actos de racismo non poden existir. Aspas díxome «negro de merda» e iso non pode pasar. Falei co árbitro e díxome que estaba ata os ovos de tanto fodelo... pero bo, xa lles tocará revisalo porque el o di", denunciou o xogador granota.

O dianteiro do Celta respondeu a estas graves acusacións a través do club vigués, negando tales insultos. Iso si, non negou enfrontamento verbal co centrocampista do Levante “O que se di no campo, queda no campo. Por iso non vou reproducir o que el me dixo a min. En calquera caso, eu non lle chamei o que el me atribúe”, asegurou Iago Aspas ao propio servizo de comunicación do Celta.

O club publicou unha nota na que remarca a súa "firme defensa do xogo limpo e o respecto entre rivais, tanto dentro como fose do campo, valores que son aceno de identidade do club e que día a día pon en práctica cada un dos equipos celestes, do benjamín ao primeiro persoal".

A resposta do Celta contrasta coa do propio Levante, clube que expresou o seu total apoio ao seu xogador: "Tras las declaraciones de @jeffersonlerma a la conclusión del , el quiere mostrar su firme respaldo al jugador y rechaza cualquier muestra de racismo en el fútbol", comunicou o club valenciano tralo partido,

Temas: RC CELTA RACISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 siryna

O que é é un chavaliño moi limitadiño; a sorpresa vénvos por poñer aos futbolistas onde os pondes todos os que sustentades o negocio (ultracapitalista). Simplemente, pensa nas tonterías e crueldades que ti poderías dicir con seis anos. Calquera cousa, porque non das pra moito máis. E por certo, usar un derivado de pobre como insulto xa ten delito. Pero oes, son os vosos nenos mimados e esa nin a considerades grave camisetas Premier League.

4 Axi

O que é é un chavaliño moi limitadiño; a sorpresa vénvos por poñer aos futbolistas onde os pondes todos os que sustentades o negocio (ultracapitalista). Simplemente, pensa nas tonterías e crueldades que ti poderías dicir con seis anos. Calquera cousa, porque non das pra moito máis. E por certo, usar un derivado de pobre como insulto xa ten delito. Pero oes, son os vosos nenos mimados e esa nin a considerades grave.

3 anonimo8932

Gran ejercicio de periodismo de GC, como de costumbre. Muy bien podría haber actualizado la noticia: "Iago Aspas a Lerma: 'Muerto de hambre'" ( https://goo.gl/f8EML1)

2 Eu mesmo

O tipo non dixo "Aspas díxome". Dixo "Creo que Aspas...". E Aspas dí que non lle dixo tal. Eu quédome coas súas palabras. Si hai un video que o confirmen, daquela que o castiguen, se non que o tal Lerma sexa o sancionado. En todo caso, sóname a mal perder do valencián...

1 Paco da Rosa

Ti, sin saber o que pasou, apostas polo presunto racista e denigras á presunta víctima. Se foras decente e precavido antirracista agardarías a ter máis información, pero escolles poñerte do lado do 'gañador' (branco, celta, galego, e, demostrado, cunha educación moi limitada e particular). Es, con A Verdade (xa hai que ser curto para colocar tal nick), a evidencia do racismo endémico.

2 Antónimo

Ti mesmo e a verdade si tedes o racismo ben interiorizado. E aínda presumen de condición...

1 A verdade

Non non é. O que hai é moita demagoxia. Se a cada persoa a tachasen de racista por dicir, negro de ..., Gitano de ...., Rumano de ...., o 90% de España o sería. Moito dicir welcome refuges pero logo se meten unha familia no edificio ármase a de San Quintín. Progres demagogos é o que hai.

1 Anonymous

Non, claro que non. Se a cada persoa a tachasen de racista por dicir "negro de mierd..." ou por queimar ou patear a un foráneo... Así normalizamos o racismo... A xente coma ti sodes tan hipócritas que vedes 'normal' por exemplo chamar "negro de mierd..." a un africano pero vos escandalizades cando os británicos chaman "españois de merda" aos que emigran a Inglaterra en busca de traballo ou vos din que só ides a Inglaterra a sacar proveito da súa Seguridade Social. Que hipócritas sodes... E non me meto en se o Aspas llo chamou ou non, pero o teu comentario é patético... e racista. Ogallá algún día te chamen galego ou español de mierd... noutro sitio para sentilo na túa propia carne, e que te discriminen pola túa orixe e por ser foráneo.

2 Galego

Anonymous moitos de nós sentímonos discriminados polo idioma que empregamos e por tratar de vivir coma galegos dentro da nosa Terra, iso si q é triste. Se o que nos fan ós galegoparlantes por razón de idioma ou cultura se lle fixera a alguien por motivos raciais sería un escándalo.

3 A verdade

Anonimucho. Es un claro exemplo desa clase de demamogogos. Escandalízaste de expresións, pero, deixas aos teus fillos no parque xogar con xitanos ou rumanos? Admites no teu bloque familias árabes, rumanas ou africanas? Cando no urbano se che sentado ao lado un rumano ou un xitanos síntestete cómodo? Non seguro que non. Pola contra eu sí, o racismo non está na palabrería está nos feitos. Os progres de boca coma ti sodes o peor.

4 Anonymous

Que curioso que me digas ti con quen sento ou non no autobús ou con quen convivo no meu barrio ou con quen deixaría xogar aos meus hipotéticos fillos... Coñecémonos? A ver, rapaz, que eu vivo no estranxeiro nunha metrópole e convivo todos os días con xente de todas as razas e crenzas do mundo (algo que, por certo, non se dá en Galicia) e estou namorado de tanta mestura racial. Pero se tanto me coñeces, di quen son, como me chamo, onde vivo, a que me dedico... Ti si que es do peor, demagogo absoluto e racista no teu comentario.

5 Tomás Moro

"Galego": como galego, galegoparlante 100% e 100% comprometido coa defensa da lingua e cultura galegas, debo dicirche que o teu comentario é lamentable, vergoñento e denigrante para os centos de millóns de persoas que sufren e sufriron discriminacións, torturas, mortes e xenocidios ao longo da historia universal. O problema do idioma galego é grande, pero un problema cuasi pequenoburgués comparado co que estamos a falar. Non es, nin somos, o centro do mundo.