Os alcaldes galeguistas de Galicia; “un socialdemócrata e outro liberal”

Rafa Cuíña, rexedor de Lalín, e Carlos Vázquez Padín, de Tui, mantiveron este mércores o primeiro encontro institucional.

Por Galicia Confidencial | Tui | 17/01/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Foi unha visita case de cortesía. Non tivo contido político, pero as fotos cómplices de Rafa Cuíña, alcalde de Lalín, e Carlos Vázquez Padín, de Tui, están dando que falar. Hai uns anos, cando os dous competían por un espazo político semellante; un como  dirixente de Compromiso por Galicia (CxG) e o outro de Converxencia 21, había distanciamento e mesmo tensión como se palpaba a través das redes sociais. Pero agora, a cousa cambiou. 

Rafael Cuíña e Carlos Vázquez Padín no autubús de promoción do cocido de Lalín, estacionado en Tui
Rafael Cuíña e Carlos Vázquez Padín no autubús de promoción do cocido de Lalín, estacionado en Tui | Fonte: FB Carlos Vázquez Padín

Son os alcaldes “galeguistas” de Galicia, un de Lalín e outro de Tui. “Un socialdemócrata e outro liberal”. É o comentario de xolda que lle fixo Cuíña a Padín na primeira visita institucional do primeiro ao segundo para promocionar a festa do cocido de Lalín que terá lugar o vindeiro mes. Unha visita que xurdiu dun encontro casual na Deputación de Pontevedra.

Tui é unhas das grandes vilas galegas pola súa importancia histórica e transfronteiriza”, dixo Cuíña sobre a súa visita a Tui. “Fomos moi  ben recibidos polo alcalde e alí tivemos o autobús que promociona o cocido, do que disfrutraron moitos tudenses”, apuntou en declaracións a Galicia Confidencial.

“CORDIALIDADE”

“Houbo un clima de cordialidade e de boas palabras con Carlos”, suliñou.  Tamén Padín coincidiu no mesmo. “Foi unha visita de cortesía. Houbo moita cordialidade entre os dous e eu estiven moi cómodo”, sinalou tamén en declaracións a este medio. 

Rafael Cuíña e Carlos Vázquez Padín no Concello de Tui promocionando o cocido de Lalín
Rafael Cuíña e Carlos Vázquez Padín no Concello de Tui promocionando o cocido de Lalín | Fonte: FB Rafa Cuíña

Con todo,  unha entente entre os dous rexedores “galeguistas” terá que agardar. Polo momento, a xuntanza serviu pra rachar o xeo que os separaba e, pouco máis. Os dous coincidiron en suliñar que foi un encontro “produtivo”, pero descartan outra xuntanza nin de tipo político, nin de tipo institucional.

Aínda que os dous se declaran “galeguistas”, o certo é que a súa traxectoria é ben diferente. Cuíña goberna en Lalín desde hai case tres anos co apoio de catro forzas políticas: CxL, PSOE, APAC e BNG. O pacto de goberno que lle permitiu ser elixido alcalde asinouse entre CxL, PSOE e APAC (Plataforma Aberta Cidadá de Lalín). A este acordo sumouse medio ano despois o BNG. Padín, pola contra, accedeu a alcaldía en outubro pasado a través dun pacto co PPdeG e mediante unha moción de censura que botou ao anterior rexedor socialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 MikkenVigo

Ben por Cuiña por promocionar o Cocido de Lalín noutros concellos!

3 Lalinense

Esta noticia lembra moito ao publi reportaxe que saíu hai poucos anos no Faro sobre a visita que fixo Rafael Cuiña a Mario Conde no seu pazo da Mezquita. Bo, xa se sabe como acabou o do pelo engominado.Que teña coidado Padín, que é un tipo bastante serio, bastante máis serio que o millonario cuxo concello é un desastre segundo a interventora municipal.

2 Curuxa

Cuíña é unha estrela do rock, e Padín un estrelado

1 O que queda do BNG

Mal fai o Cuiña xuntándose con este prea sen escrúpulos.