O ex número 3 do PP galego ratifica a financiación ilegal do partido en Valencia e sinala a Camps e Costa

Pablo Crespo recoñece que a empresa Orange Market recibiu 3,4 millóns de euros en diñeiro negro do PP valenciano por actos de campaña electoral e outros en período ordinario. "O PP decidía se se pagaba en A ou en B", declarou na Audiencia Nacional.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 19/01/2018 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Pablo Crespo, quen fora número 3 do Partido Popular de Galicia (PPdeG) e número dous do Grupo Correa, tirou definitivamente da manta da Gürtel e sinala directamente ao ex-presidente da Generalitat Valenciana Francisco Camps, e ao ex número 2 do PP valenciano, Ricardo Costa. Segundo Crespo, era o propio partido o que "decidía se se pagaba en A ou en B"

Pablo Crespo e Correa no xuízo da Gürtel
Pablo Crespo e Correa no xuízo da Gürtel | Fonte: ep

Crespo declarou este venres na Audiencia Nacional, onde recoñeceu os pagos irregulares dos traballos realizados para as campañas electorais de 2007 e 2008 con diñeiro negro, un total de 3,4 millóns de euros. Ratifica así o declarado tamén por Francisco Correa, o número un da trama de corrupción Gürtel, que decidiu colaborar coa Xustiza e cantar todo canto sucedía, con nomes, apelidos, cantidades, datas, lugares...

Segundo Crespo, foi Álvaro Pérez 'El Bigotes', en nome da empresa de eventos Orange Market, quen reclamou ao ex-presidente do PP valenciano e da Generalitat Francisco Camps, o pago da débeda que mantiña o partido polos servizos prestados por esta empresa.

O que fora secretario de Organización do PP galego  tamén recoñeceu que parte deses traballos foron pagados polo PP valenciano en efectivo e que eses fondos foron parar íntegramente á caixa B das empresas de Francisco Correa.

COSTA E FABRA

Outro sinalado por Crespo é Ricardo Costa, ex número 2 do PP valenciano. Segundo este, Costa foi quen lles dixo que cobrasen a débeda que mantiña o partido coa empresa mediante facturación falsa a empresarios: "Díxonos que non tiñan cartos para pagar as facturas e que a única solución era que facturásemos a determinados empresarios no canto de a eles; dáme a sensación de que nin el sabía a que empresarios. A min a solución non me gustaba, tentei negarme e díxome que non había outra, que era facelo así ou non cobrar. Falei con Correa e aceptamos, porque a alternativa era o concurso de acredores e o peche da empresa", explicou Crespo sobre as negociacións con Costa.

Ademais de Camps e Costa, tamén cae outra 'vaca sagrada' do PP valenciano, o tamén ex presidente da Generalitat Alberto Fabra. Crespo asegurou que un dos empresarios que pagaron os actos de campaña en 2007 e 2008 sufragou un acto en período ordinario de Fabra en Alacante

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Haiqueroelo

Se Cuiña tirara da manta algúns iríanse polos calzóns.

1 De Galicia

Si, empezando pola súa familia e polo patrimonio do seu pai.

1 De Galicia

Número 3 colocado por José Cuiña, que de aquella era número 2 con todas las pretensiones para suceder a Fraga...