Temas: CELTA FúTBOL

O Celta engánchase a loita por Europa

O conxunto vigués é xa sétimo e, tras dúas vitorias consecutivas, pensa xa en prazas europeas.

Por Galicia Confidencial | Donostia | 21/01/2018 | Actualizada ás 22:33

Comparte esta noticia

Inmellorable inicio da segunda volta para o Celta, que derrotou á Real Sociedade en Anoeta con goles de Iago Aspas e Maxi Gómez para selar unha remontada enorme. É o segundo triunfo consecutivo dos celestes, que ademais encadean catro partidos sen derrotas. Unha vitoria que os sitúa sete, ollando xa aos postos que dan acceso ás competicións europeas.

Iago Aspas celebra o golazo que lle marcou á Real Sociedade.
Iago Aspas celebra o golazo que lle marcou á Real Sociedade. | Fonte: lfp.es

O Celta avisou no arranque cun remate desviado de Maxi Gómez tras un bo pase de Iago, pero no minuto 10, centro desde a dereita e cabezazo de Willian José para adiantar á Real. Iago empató dez minutos despois tras un claro penalti por man de Juanmi. Nunha primeira metade igualada e con ocasións para ambos, o equipo local dispuxo dun lanzamento de penalti aos 25 minutos que Willian José estrelou na madeira.

A mellor ocasión para os vigueses sería para Sisto, quen non pudo superar a Rulli nun man a man. Nesa mesma xogada, un defensor local despexou co brazo o remate de Maxi Gómez.

Tralo descanso, mesma paisaxe, moita igualdade, aínda que con menos chegadas. A falta dun cuarto de hora, en plena mellora celeste, Maxi Gómez cabeceou á rede de xeito maxistral un saque de esquina de Wass. Os celestes defenderon con oficio e solvencia a súa vantaxe e apenas sufriron ata o final. Gran vitoria, a segunda consecutiva, e cuarto partido sen derrotas. O inicio da segunda volta é inmejorable para o Celta.

FICHA TÉCNICA

1-R Sociedad: Rulli; Odriozola, Llorente, Raúl Navas, Kevin Rodrigues, Xabi Prieto (Aguirretxe, min.81), Zubeldia, Illarramendi, Canales (Oyardabal, min.61), Willian José e Juanmi (Januzak, min.69).

2-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.67), Wass, Iago Aspas, Pione Sisto (Brais, min.79) e Maxi Gómez (Cabral min.89).

Goles: 1-0, min.10: Willian José; 1-1, min.20: Iago Aspas,de penalti; 1-2, min.75: Maxi Gómez.

Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amonestou a Jozabed, Lobotka, Zubeldia.

Campo: Anoeta.

Temas: CELTA FúTBOL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 LILIN

Tralo descanso, mesma paisaxe, moita igualdade, aínda que con menos chegadas. A falta dun cuarto de hora, BUNDESLIGA, Maxi Gómez cabeceou á rede de xeito maxistral un saque de esquina de Wass. Os celestes defenderon con oficio e solvencia a súa vantaxe e apenas sufriron ata o final. Gran vitoria, a segunda consecutiva, e cuarto partido sen derrotas. O inicio da segunda volta é inmejorable para o Celta.