Temas: CAN O BARCO

A “caca” dos cans provoca división nos habitantes do Barco de Valdeorras

Unha nova ordenanza municipal pide crear un banco municipal de datos co ADN de todos os cans do concello. A plataforma Riada critica esta medida e pregúntase se se vai contratar un “laboratorio de análises e inspectores de cacas de cans”.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 23/01/2018 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Unha nova ordenanza municipal sobre a tenza de cans no Concello do Barco de Valdeorras está a causar unha polémica local. Esta nova normativa prohibe a presenza destes animais en parques infantís e nalgunhas zonas moi concretas, como un tramo da beira do río Sil.

Fotomonaxe dun can limpando excrementos
Fotomonaxe dun can limpando excrementos | Fonte: bichomania.com

A  "Ordenanza reguladora de posesión e protección de animais de compañía" foi presentada segundo o Goberno municipal, do PSdeG, para determinar as zonas onde estará prohibida a presenza de cans. Pero, distintas entidades critican esta orde porque parte do seu articulado está feito para “cazar e multar” aos donos que permiten que os seus cans emporquen lugares públicos coas súas defecacións pero “sen un sistema efectivo”.

BANCO DE ADN

Neste sentido, a plataforma RIADA denuncian a intención do concello de montar un banco municipal de datos co ADN de todos os cans do municipio como eixo prioritario para loitar contra os propietarios que non recollen as deposicións.  “Manifestamos a nosa oposición a creación dese banco de datos de ADN porque parte da mal intencionada idea de que todos os propietarios de cans, cívicos e incívicos, son potencialmente culpables da merda que se acumula en certas zonas da vila. Crea unha desconfianza veciñal contra de todos os donos de mascotas”, denuncia.

Así, denuncia que o desenvolvemento deste sistema de control non resolve o problema e levará aparellado a privatización dunha competencia municipal porque “contratará un laboratorio de análises e a inspectores de cacas, pois alguén alleo ten que recoller, analizar e contrastar as mostras fecais coa finalidade de dar co infractor”. 

Por outra banda, este grupo cre que a implantación do banco de datos representa impor unha nova taxa para os propietarios de cans da vila e das aldeas (sobre 17 euros máis IVE por animal ) que incrementará o que xa gastan polo chip, as vacinas, o seguro, e as revisións periódicas. Tamén se dará o caso que o conxunto da veciñanza pagará polos análises das mostras que non estean referendarias no banco de datos. “Por exemplo dos cans doutros municipios, dos cans de viaxeiros, dos cans de propietarios sen empadroar... Ou polas cagadas e mexadas feitas por varios individuos e que estean superpostas...”, ironizan.

OUTRAS SOLUCIÓNS

Esta plataforma entende que as sancións, nin estes sistemas de control propostos polo concello son a solución e insisten na “educación perseverante, as periódicas campañas de concienciación, a información especializada ou o coidado das áreas recreativas expresamente destinadas” ás mascotas.

Temas: CAN O BARCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 eusi

Xa estamos fartos de levar a m_rda de can nos pés para dentro das nosas casas! E aquí só se aprende á base de multas e mais multas: pois cantas mais mellor

1 Manu2

Pois é unha gran idea. E o laboratorio de ADN sairía gratis, xa que se autofinanciaría coas multas postas aos que non recollen os excrementos.