A Xunta busca no Porriño as zonas contaminadas por lindano

Comezan as catas para detectar a presenza desta substancia canceríxena no Contrasto e poder calcular o volume de terra que hai que retirar.

Por E.P. | VIGO | 23/01/2018 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

Os traballos de prospección e recollida de mostras no lugar do Contrasto, no Porriño (Pontevedra), iniciáronse na mañá deste martes para concretar os puntos nos que o chan está contaminado por lindano e calcular o volume que hai que retirar desta substancia.

Refugallos de lindano nas estradas de Torneiros, no Porriño.
Refugallos de lindano nas estradas de Torneiros, no Porriño. | Fonte: Plataforma Anti-Lindano

Segundo informaron a Europa Press fontes municipais, ao longo desta semana prevese realizar entre 25 e 30 catas. A Xunta comunicou a pasada semana que as mostras se van a recoller en tres camiños do Contrasto "nos que hai evidencias claras da presenza do insecticida".

Estes labores "completarán o estudo preliminar encargado por Medio Ambiente a unha empresa especializada o pasado setembro". Dita análise preliminar constatou a presenza de lindano nesta zona e derivou no peche de varios pozos e fontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta