Descartan contaminación por lindano en Ponteareas

O concello esixe a delimitación da zona e a limpeza dos terreos lindantes e requerirá á empresa Áridos Puenteareas S.L toda a información deste depósito e posterior movemento de terras.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 25/01/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O Concello de Ponteareas descarta contaminación nin perigo para a saúde por mor dos vertidos de terra afectados por lindano. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represes, confirmou que o acuífero  de Parada Rocha non esta afectado, que as analíticas non deron restos de lindano e o subministro da traída de augas non estaba conectada a este acuífero ao dispor de abastecemento doutros acuíferos. 

Refugallos de lindano nas estradas de Torneiros, no Porriño.
Refugallos de lindano nas estradas de Torneiros, no Porriño. | Fonte: Plataforma Anti-Lindano

Segundo informa este concello, e tras ser coñecedores do acontecido, Represas, púxose en contacto coa Comunidade de Montes de Xinzo e coa Traída de Augas Parada Rocha para coñecer a situación actual e abrir un expediente para realizar un control exhaustivo deste traslado de terreos, tanto os afectados directamente como os que se atopan na contorna. 

“O goberno de Ponteareas esixirá á Xunta de Galicia que inspeccione os terreos lindantes por se puidera atoparse algún resto. Ao ser un traslado de terras procedente de Porriño entendemos que é responsabilidade da empresa que xestiona estes residuos e da Consellería de Medio Ambiente garantir a total descontaminación da zona”, sinalou.

O goberno de Ponteareas tamén esixe á empresa concesionaria da canteira que delimite a zona afectada para que non entre en contacto con ningunha outra terra ou material evitando posibles contaxios ou traslados de restos de lindano. Así mesmo, requirirase á empresa Áridos Puenteareas S.L toda a información deste depósito e posterior movemento de terras para logo pola en coñecemento do resto da corporación e colectivos veciñais que así o soliciten.  

O goberno de Pontearaeas , en colaboración coa traída veciñal fará un seguimento deste acuífero. De feito, xa fixo públicas as analíticas no seguinte enlace de COXAPO https://www.coxapo.com/estadodetuagua.aspx#

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta