Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2018 | Actualizada ás 17:10
Os termómetros baixaron este xoves até os 2,8 graos baixo cero na localidade ourensá de Manzaneda, que alcanzou a mínima en Galicia, mentres que as ondas superaron o catro metros de altura no litoral galego.
Segundo os datos publicados por Meteogalicia, recollidos por Europa Press, tamén se rexistraron temperaturas baixo cero noutros puntos da provincia de Ourense, como na Veiga e Carballeda de Valdeoras (-2,5ºC); e na de Lugo, como en Pedrafita (-1,1ºC) e Cervantes (-1ºC).
Este xoves está activa a alerta amarela por acumulación de neve nas provincias de Lugo e Ourense, onde se esperan cinco centímetros ao redor de 800 metros de altitude e superiores a 15 centímetros a partir do mil metros.
ONDADA
Mentres, segundo os rexistros de Portos do Estado, as ondas no litoral galego alcanzaron alturas de 4,45 metros na zona da boia de Vilano-Sisargas e os 4,28 na de Langosteira.
De feito, este xoves está activada a alerta laranxa no litoral galego polo aumento do mar de fondo, o que fixo que parte da frota queda amarrada a porto sen poder saír a faenar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.