Iago Aspas, o outro Messi da Liga

O de Moaña, con 30 anos, está no máis alto da súa carreira deportiva e compite con Messi e Luis Suárez por ser o pichici da Liga.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 30/01/2018 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

14 goles. Son os que ten marcado Iago Aspas no que vai de Liga. Uns goles que o sitúan coma un dos dianteiros con máis efectividade, só superado, polo momento, por Messi e Luis Suárez.  Está a un de Suárez e a seis de Messi, pero é, sen dúbida, o xogador europeo da Liga que pode poñer en certos apuros o dominio americano.

Iago Aspas, icona do celtismo
Iago Aspas, icona do celtismo | Fonte: @RCCelta

Este luns, o seu “doblete” permitiu que o Celta gañara a un correoso Betis. Unha vitoria que dá azos para competir, novamente, por Europa, como hai dous anos. Aos seus 30 anos, Aspas é un dos xogadores máis en forma da Liga e é un dos indiscutibles do adestrador, Juan Carlos Unzué.

Iago Aspas xa foi nomeado Mellor Xogador do Mes o pasado novembro e a súa traxectoria futbolística vai en ascenso. Pode acabar, como o pasado ano, sendo o mellor español e europeo da Liga, só superado por Messi, con quen algúns comezan xa a comparalo por ser unha peza fundamental e indiscutible do seu equipo.

Por detrás,  Aspas,  ten a catro xogadores con dez goles: o seu compañeiro Maxi Gómez, Willian José, Stuani e Zaza. Dos seus 14 goles, 13 logrounos desde dentro da área, dez coa zurda, dúas coa dereita e un coa cabeza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Fans

Producto galego natural 100 % sen trampas biónicas de laboratorio coma hormoas do crescemento e outras drogas..camisetas de futbol : https://bit.ly/2HKMxaR

4 maryfrod

Producto galego natural 100 % sen trampas biónicas de laboratorio coma hormoas do crescemento e outras drogas..camisetas de futbol

3 Doutor Bacterio

Producto galego natural 100 % sen trampas biónicas de laboratorio coma hormoas do crescemento e outras drogas..

2 A verdade

megacrack

1 cesc

Un crack.