La Voz estrea formato gracias á imprenta copagada pola Xunta

O diario anuncia máis opinión nun formato que encolle para aforrar papel. Datos de difusión no interior.

Por Galicia Confidencial | Sabón | 16/01/2011 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia estreou este domingo novo deseño nun formato 9% máis pequeno. O avance dáse gracias á nova rotativa Manroland.

None

O diario herculino mercouna en boa medida gracias a unha importante subvención a fondo perdido da Xunta, concedida tras a vitoria electoral do PPdeG. A subvención foi a máis importante na súa categoría concedida polo IGAPE o ano pasado.

O IGAPE pagou ao grupo do editor Santiago Rey 2,2 millóns para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significa máis do 9,9% dos 22 ,15 millóns que, segundo a Xunta, eran o investimento subvencionábel.

Cando o diario anunciara a compra da rotativa “máis avanzada de España” falara dun investimento de 25 millóns de euros polo modelo Colorman 9.

Hoxe o xornal máis vendido en Galicia presume de dispor xa de "la planta de impresión más avanzada de España".

La Voz vaina utilizar para "un cambio suave a la imagen de las páginas con el rediseño integral de todos sus elementos". O cambio inclúe unha nova tipografía, encargada a medida. Ademais, La Voz anuncia "más opinión" e análise, tendencia que están a aplicar todos os xornais impresos ao non poder competir coa inmediatez da prensa dixital.

Audiencia

La Voz, que se atopa en proceso de negociación do novo convenio cos seus traballadores, perdeu o 2,01% de lectores nun ano segundo o EGM.

Trátase dunha tendencia común a todos os xornais impresos, con difusións estancadas ou en retroceso malia as constantes promocións. Segundo o OJD, a difusión diaria de La Voz é duns 98.000 exemplares. En 2008 eran case 103.000 exemplares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

17 Farruquiño

Pois claro. O que ninguén se deu contan antes de que a prensa galega está subvencionada pola Xunta. Antes, agora e despois.

16 compostelan

¿E como é que unha rotativa tan cara non é capaz de imprimir en galego? ¿Non había do modelo COLORHOME en vez do COLORMAN que imprimira en galego? Deben se as axudas freyjonianas pa difundir a cultura galega.

1 Compos

Agora que falas do galego (que comentario tan interesante, por certo), eu nunca entendín por que en (case) todos os medios se traduce ó castelán o que di a xente en galego. Pasa sempre: na Opinión, no País, no Correo... Bueno, todos non, a Voz respecta sempre a textualidade. ¿Tanto lle custa a eses medios manter a linguaxe orixinal?

15 María

Eu teño unha taberna. O Mahara. Deime de baixa de La Voz de Galicia. Teño El País e Xornal de Galicia.

1 alberto

Así me gusta, que asimiles de una vez que el único País es de los herederos de Polanco y no a naz´çom esa. Sigue así, colonizada y encantada de tu Boicoz. Del panfleto de Quin ahora vendido a Pachi ya ni te hablo

14 Breogán

Paréceme triste o que estades facendo desde a redacción de Galicia Confidencial. Entendo que sexades de esquerdas e que critiquedes á Voz. Pódoo comprender, pero non pretendades enganar á xente. Calquera que teña un mínimo de cabeza e se fíe por criterios obxectivos entenderá que dicir que a rotativa se adquiriu "en boa medida" por unha axuda de 2,2 millóns entre 22,15 millóns é realmente falso. Ou é que se eu merco un coche de 16.000 euros e unha administración me aporta 1.600 euros me está facendo unha axuda criminal á hora de mercar ese produto? Pódese criticar a cuantía entregada, pero o esforzo que tivo que facer La Voz para mercar esa nova maquinaria foi moi grande (ninguén os obrigou, é certo, pero iso xa é outra discusión). Sexamos serios, por favor. Non pido máis.

1 Gilito

Canta subvención recibiu do Bigoberno " La Coz de Galicia"?. Cantos tertulianos da UPG acoden a Radio Voz desde hai anos?.

13 Manoliño

Están preocupadísimos XD Non sodes nada, so tendes fumes para tentar enganar á xente, pero até para iso hai que ter algo mais de cabeciña.

1 rosebud

Difusión do 2009:102000,2010:98000, 2011:94000,2012:90000,2013:86000. Venda ó número:45000, 41000, 37000... cando baixen de 40000 ó número serán o segundo xornal galego por detrás do faro de vigo. Obvio, o faro é o xornal da área metropolitana de Vigo, máis poboada que a coruñesa.

2 Manoliño

Que si, e tamén como vos teñen medo, rexistraron o dominio laCozdegalicia.es que logo resultou ser dun amigo voso, que xoga ao ridiculismo. Hai que pensar mais, que hai o evidente non precisa demostración: se é aínda coa crise o primeiro xornal galego; se á vez os xornáis nacionalistas non os le ninguén e pechan ¿a quen queredes enganar?

3 Camilo

Pois a cousa está moi fácil, o que queira que siga mercando LA Voz e o que non, tamén. Máis tampouco nos enganemos, si é un medio que defende a dereita e ao PP, terá un tirón importante, máis as xentes de esquerda si teñen un mínimo de criterio non o mercarán ou seguirán deixando de mercado como sucede actualmente e por iso baixan as suas vendas. Si La Coz baixa en número de exemplares vendidos (e regalados) será por algo...

4 Debalde

A verdade é que quen siga mercando (por mercar digo pagar por el) está a facer un pouco o ridiculo, xa que o regalan en todas partes, así que quen pague por algo que regalan en cada esquina non é moi espabilado

5 rosebud

Se os xornais nacionalistas recibiran máis de 1000 millons/ptas en 15 meses tamén poderían xustificar unha difusión 35000 ou 45000 exemplares arriba da real. Porque non negarás manoliño que a pasta pública e as absurdas campañas mediáticas do goberno da xunta xa se están pasando. A última,máis de 100 kilos para concienciarnos do gasto sanitario. Cada 15 días sae unha campaña de calquera consellería con anuncios a toda cor.. é de escándalo, o 50% por suposto chúpao lacoz. E non me veñas co que facían outros. Os outros xa os botamos por iso. Agora gobernan estes... E insisto, se non che importa, que carallo andas facendo aquí.. pois logo non digas que non che importa. Impórtache, e moito, e a lacoz de larisa tamén. Sen Feijoo eses 98000 serían 55000 nun mes sen pasta de todos. E sábeno.

6 rosebud

Un dato, para que se fagan unha idea do que son 1000 millóns de ptas nos presupostos da xunta. As axudas para a edición en galego serán para este ano 10 millóns de pesetas. Tras críticas nun medio ante a apertura da biblioteca do gaiás (a nova biblioteca de alejandría según un cargo da xunta..) subiron a perto de 40 millóns de pesetas para o 2011. Os cartos dos galegos para a promoción do galego son, a pesar do que digan os xornais de dereitas,pouquiños,comparados cos que van para a promoción do castelán.

7 Alberto

Rosebud, saca algo la cabeza (ideas no tienes) a airear, anda. Viaja, escucha, ábrete, estudia...

8 rosebud

Albertiño home, debate, dí algo. Algunha idea, concepto, ocurrencia. E se queres difamar pois difama de xeito intelixente por favor.

9 Realista

Si tenéis toda la razón, los datos de difusión de La Voz son falsos. Os lo digo yo, que cuando me toca en el kiosko, vendo Faro, ABC, Xornal (como no), País o Mundo. Es más, vendo más ejemplares del Diario de Coslada que de La Voz. Y en los bares no hay ni un ejemplar. Y los gallegos están suscritos fundamentalmente al Herald Tribune. Ah, y no quiero dejar de mencionar como los despistados que aún leen La Voz lo hacen porque se lo regalan. Lo dicho, 130 años de periódico gracias a Feijoo... Así os luce el pelo.