La Voz estrea formato gracias á imprenta copagada pola Xunta

O diario anuncia máis opinión nun formato que encolle para aforrar papel. Datos de difusión no interior.

Por Galicia Confidencial | Sabón | 16/01/2011 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia estreou este domingo novo deseño nun formato 9% máis pequeno. O avance dáse gracias á nova rotativa Manroland.

None

O diario herculino mercouna en boa medida gracias a unha importante subvención a fondo perdido da Xunta, concedida tras a vitoria electoral do PPdeG. A subvención foi a máis importante na súa categoría concedida polo IGAPE o ano pasado.

O IGAPE pagou ao grupo do editor Santiago Rey 2,2 millóns para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significa máis do 9,9% dos 22 ,15 millóns que, segundo a Xunta, eran o investimento subvencionábel.

Cando o diario anunciara a compra da rotativa “máis avanzada de España” falara dun investimento de 25 millóns de euros polo modelo Colorman 9.

Hoxe o xornal máis vendido en Galicia presume de dispor xa de "la planta de impresión más avanzada de España".

La Voz vaina utilizar para "un cambio suave a la imagen de las páginas con el rediseño integral de todos sus elementos". O cambio inclúe unha nova tipografía, encargada a medida. Ademais, La Voz anuncia "más opinión" e análise, tendencia que están a aplicar todos os xornais impresos ao non poder competir coa inmediatez da prensa dixital.

Audiencia

La Voz, que se atopa en proceso de negociación do novo convenio cos seus traballadores, perdeu o 2,01% de lectores nun ano segundo o EGM.

Trátase dunha tendencia común a todos os xornais impresos, con difusións estancadas ou en retroceso malia as constantes promocións. Segundo o OJD, a difusión diaria de La Voz é duns 98.000 exemplares. En 2008 eran case 103.000 exemplares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

7 tino

moi ben frijolito, ós que te puxeron de presidente coa campaña de terrorismo informativo hai q tratalos ben, para q te sigan mantendo d presidente, tapandoche a corrupción e a inutilidade q es.

1 Hans

"terrorismo informativo", "mafioso", "subnormal"... Vaia, vaia, e esta é avanzadilla intelectual. Como será a tropa.

2 Ingelligenti

Si, son mais intelectuais os profesores universitarios do PP, onde van a parar (sobre minuto 27)... http://vimeo.com/10910136 .

6 Xan das canicas

La Voz, La Voz, La Voz... Cuánto más escribáis sobre La Voz más publicidad le hacéis a mi periódico preferido y el de cerca de 600.000 gallegos. El colmo de los colmos fue un fulano que dijo hace tiempo que no seguía más la página de La Voz en Facebook (red social global sin fronteras) porque sus textos no están íntegramente en galego. Meu Deus!!!

1 rosebud

Inda ninguén dixo nada pero xa estades os funcionarios de la coz facendo comentarios preventivos?. Da coz xa está case todo dito. Eu non digo nada.

2 libelo

Seguro que rosebud es un funcionario frustrado. O uno de verdad. No se cual de las dos opciones me intranquiliza mas.

5 Gretel

Uii, xa levamos 5 comentarios, 4 a favor de Santiago Rey e 1 neutro. Parece que GC, este medio irrelevante sen un euro de subvención lles importa aos defensores dun medio con 10 millóns de euros de subvención. Con eses cartos públicos regalados, se un empresario non fai da súa empresa un medio minimamente difundido é que é subnormal, o Santi será un mafioso, pero claro que non é subnormal (creo). Teremos que montar unha asociación para solicitar que La Voz sexa un organismo autonomo mais da Xunta do PP

4 Hans

Propoño outra noticia para comentar: "La Voz di que o vento sopla de nordés" E, hala, 120 comentarios en dous días

1 rosebud

Tranquilo Hans. Pouco a pouco la coz de la risa vai indo obtendo a venda que merece, pouquiño a pouco. Mantente vixiante, non vaia ser que apareza unha opinión libre en internet criticando ó medio galego máis cuestionado e o que máis lectores reais baixou, e non só pola crise coma eles dín.

3 bonburen

Lo que GC tiene se llama obsesión... http://www.youtube.com/watch?v=0-kY...