Condenado a 35 anos de cárcere un home por abusar sexualmente do seu fillo e doutros dous menores en Friol

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un home a penas que suman 35 anos de cárcere por abusar de tres menores, entre eles o seu fillo, no municipio lucense de Friol entre xaneiro de 2014 e marzo de 2016.

LUGO | 31/01/2018 | Actualizada ás 19:19 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un home a penas que suman 35 anos de cárcere por abusar de tres menores, entre eles o seu fillo, no municipio lucense de Friol entre xaneiro de 2014 e marzo de 2016.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home foi condenado a penas de 33 anos de cárcere polas agresións sexuais e a outros dous anos de prisión por un delito de violencia psíquica no ámbito familiar. Ademais, non poderá comunicarse coas vítimas nun prazo de 16 anos e terá que participar en programas formativos de educación sexual.

En concreto, os feitos tiveron lugar en Friol cando o fillo do condenado e os seus dous amigos tiñan menos de 16 anos. Entre outras cuestións, a sentenza considera probado que o home sometía ao seu fillo a vexacións sexuais en contra da súa vontade e mesmo chegou a violalo.

Así mesmo, o fallo tamén considera que en 2015 o home agrediu sexualmente a dous amigos do seu fillo, aos que chegou a obrigar a realizarlle felacións.

Por estes feitos, a sala imponlle, ademais, a obrigación de indemnizar ao seu fillo con 40.000 euros e con 15.000 euros a cada un dos outros dous menores agredidos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta