Galicia busca asociarse co sector da automoción de Israel

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, busca investimentos de emprendemento innovador naquel país, onde mantivo un encontro cos directivos de Mobileye, empresa punteira en tecnoloxía para o automóbil. Tamén visitou o foro '2018 OurCrowd Global Investor Summit'.

Por Europa Press / Redacción | Xerusalén (Israel) | 01/02/2018 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comezou este xoves o segundo día da súa viaxe a Israel visitando as instalacións de Mobileye, unha empresa tecnolóxica punteira que lidera o sector da automoción no país, onde presentou os avances de Galicia no eido da condución autónoma e abriu vías de colaboración co sector da automoción en Irsael, punteiro en innovación tecnolóxica a nivel mundial.

Alberto Núñez Feijóo, de visita nas instalacións da empresa de automoción israelí Mobileye
Alberto Núñez Feijóo, de visita nas instalacións da empresa de automoción israelí Mobileye | Fonte: Xunta.

Xunto ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o director xeral do CTAG, Luis Moreno Diéguez, e da delegada do Estado da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, Feijóo tivo ocasión de coñecer a traxectoria desta multinacional, dos proxectos nos que traballa actualmente e dos seus retos de futuro; así como mostrar a aposta que Galicia está facendo polo vehículo autónomo e por innovar na industria da automoción, co compromiso do Goberno e das principais empresas e centros de coñecemento.

Nesta liña, Feijóo subliñou a colaboración do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia co grupo PSA no coche autónomo, lembrando que a primeira viaxe dun coche destas características que se realizou en España saíu da factoría de Balaídos, en Vigo. “O que acredita que a innovación en Galicia no sector da automoción vai un paso por diante doutras comunidades e que queremos seguir consolidando”, abundou.

Así mesmo, destacou o esforzo da Xunta en reproducir esta tendencia en todos os sectores, referíndose, como exemplo, á posta en marcha do Plan Innova que mobilizará ata 2020 preto de 1.800 millóns de euros.

Feijóo resaltou, ademais, que Galicia é líder na produción de vehículos comerciais en España –o segundo produtor europeo, despois de Alemaña-; de que 10 de cada 100 vehículos fabricados en España o son en Galicia; e de que os modelos de automóbiles que se comercializan no mundo polas marcas máis importantes utilizan compoñentes fabricados no noso país.

Alberto Núñez Feijóo, nunha reunión cos directivos da empresa de automoción israelí Mobileye
Alberto Núñez Feijóo, nunha reunión cos directivos da empresa de automoción israelí Mobileye | Fonte: Xunta.

O presidente da Xunta fixo fincapé na oportunidade que supón esta xuntanza con Mobileye para coñecer de primeira man a tecnoloxía máis avanzada neste sector, e para invitar os representantes da compañía a visitar o sector galego da automoción e o CTAG, co obxectivo de avaliar posibles vías de colaboración en I+D. Non en van, Mobileye conta co laboratorio máis avanzado en tecnoloxía para o coche autónomo e a seguridade do condutor e o cidadán.

Mobileye é, na actualidade, líder mundial no desenvolvemento de visión artificial e aprendizaxe automático, análise de datos, localización e mapeo, base dos sistemas avanzados de condución asistida. Unha tecnoloxía que mantén os pasaxeiros máis seguros na estrada e que corrixe o factor humano como causa de accidentes de tráfico, reducindo así, os riscos.

ATRAER INVESTIMENTO DE EMPRENDEMENTO INNOVADOR

Alberto Núñez Feijóo visitou en Israel o principal foro de investimento internacional de micromecenado, o '2018 OurCrowd Global Investor Summit', para atraer investimentos de emprendemento innovador para Galicia. O Executivo galego destaca que se trata dunha cita de referencia mundial no ámbito do capital risco, onde se dan cita investidores de todo o mundo e 'startups'. Nela, ademais de atraer investimentos, Galicia busca colaboración e alianzas estratéxicas.

"Estamos a falar dun evento que rolda os 7.000 asistentes procedentes de máis de 80 países no que case 100 'startups' presentan os seus proxectos", destacou Feijóo, que sinala que é un foro que a Galicia lle interesa "desde o punto de vista económico e tecnolóxico".

Despois de incidir na oportunidade que supón para as empresas galegas coñecer as principais novidades dos sectores máis punteiros, así como contactar con investidores, o presidente da Xunta destacou que Galicia dispón dun bo número de aceleradoras en sectores estratéxicos nos que as empresas do país son referentes.

Así, citou a Bussines Factory Auto, en colaboración con PSA; ViaGalicia, con Zona Franca; Agrobiotech, na que colabora Coren; a incubadora de fármacos que promoven Janssen e a Fundación Kaertor; as dúas nas que participan Telefónica e Vodafone, no sector TIC; e a futura aceleradora que se porá en marcha no ámbito aeroespacial, aproveitando o potencial de Rozas; xunto cos proxectos que desenvolven as 30 Unidades Mixtas de Investigación.

FACILIDADES DA XUNTA

O máximo mandatario autonómico lembrou que en todas elas hai ideas e proxectos dispoñibles para investir e achegar coñecemento e fixo fincapé en que a Xunta está a realizar unha intensa política de impulso ao investimento no tecido produtivo, con facilidades fiscais, asesoramento e apoio financeiro.

"Calquera empresa que queira situarse en Galicia, que necesite financiamento, capital risco, axudas e inventivos da administración, ten á súa disposición a Xunta con ferramentas como a Oficina Doing Bussines ou a Lei de impulso industrial para facilitar as tramitacións burocráticas, e co Plan Innova 2020", indicou.

Sobre este último punto, resaltou que este plan, que conta cunha mobilización de case 1.800 millóns, está destinado á transferencia de coñecemento, á innovación e á creación e impulso das empresas. "Porque queremos acompañar ás ideas, ás 'starups', aos centros de coñecemento para que crezan, para que maduren e para que, posteriormente, teñan un impacto directo na creación de emprego", sinalou.

VISITA AO MUESO DO HOLOCAUSTO

Despois deste foro, o presidente do Goberno galego visitou o Museo da Historia do Holocausto, un lugar no que se lembran os maiores crimes da historia da Humanidade e réndese homenaxe ás vítimas.

Con esta visita, Feijóo finalizou a súa estancia en Israel, na que acompañou a unha vintena de empresas, clústeres e centros tecnolóxicos galegos nunha misión comercial por un dos países que máis inviste en innovación. Así, o 45% do seu PIB compono industrias de alta tecnoloxía, en sectores como o aeronáutico, o das telecomunicacións ou o da biotecnoloxía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 SIONISMO INTERNACIONAL

Ben hur josuha frijol, foi xa recoñecido polos sabios dos protocolos de sion de jerusalen como o novo presidente de expaña (SEFARD), despois de recitar o talmud de arriba abaixo e bicar o traseiro dun carneiro, ademáis o noso frijol como muestra de achegamento a tradición do hebraísmo na Galiza recoñecera que o cadaleito e dun mercader xudaixo como xa especulaban certos profesores catedralicios da universidade de historia de santiAGE de componendas (moises –vieiras especialmente) agora soamente queda pasar a sinagoga e establecer os recoñecidos versículos xudaicos de que as terras e os aforros dos galegos deben estar na banca internacional de Rochilde... todo son beneficios según frijoles negacionista do pepeiro do chamado"holocuento" onde un grupo de xudaicos de europa roubolle as terras os palestinos, os palestinos emigraron por que lles gusta a aventura. Pronto galiza quedara sin xente e o mundo orbitara baleiro polo universo.

1 Breogán

De Israel non sei o que traerá ademáis de facer turismo. O que non virá a Galiza é o centro europeo de crustáceos, que o goberno de M.R non demando e sí votou onde se vai a instalar, DINAMARCA. que viva os gobernos amigos.