Eliminan 4 hectáreas de eucaliptos en Pontevedra para volver ás especies autóctonas

A Comunidade de Montes de Lourizán plantou 250 pés de castiñeiro de froito nun monte que antes estaba inzado de eucaliptos.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 02/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Eucaliptos por castiñeiros. Esa foi a elección da Comunidade de Montes de Lourizán que deciiu eliminar Monte do Catadoiro un total de 4 Has de eucalipto e plantar 250 pés de castiñeiro de froito.

A Comunidade de Montes de Lourenzán substituiu 4 hectáreas de eucalipto por castiñeiro
A Comunidade de Montes de Lourenzán substituiu 4 hectáreas de eucalipto por castiñeiro

O eucalipto desta parcela xa fóra cortado 3 anos atrás, pero ao tratarse dunha comunidade pequena, con poucos recursos, houbo que esperar a poder beneficiarse dunha subvención para poder levar a cabo a actuación. Neste caso, as axudas chegaron da Consellería de Medio Rural, a través de fondos europeos, concretamente, dos fondos FEDER, que cubre o 75% do total, que foi de case 7.000 euros. 

“Como a entidade parroquial ten como política o non uso de herbicidas, o eucalipto xa cubrira novamente a parcela, polo que houbo que eliminalo co uso de medios mecánicos e manuais”, apuntan os comuneiros.

COGUMELOS

Para substituír ao eucalipto, elixiron o castiñeiro de froito, concretamente 50 pés da variedade Negral, e 200 da Parede, de 2 savias. “Todos os pés son micorrizados, que teñen un prezo moito máis elevado, coa perspectiva de que no futuro se converta nunha parcela rica en cogumelos”, din.

Nas próximas semanas, está previsto levar a cabo unha plantación de castiñeiros e carballos cos escolares da parroquia, nesta mesma parcela, para completar as 4 Has, que supoñen máis do 10% da superficie total dos montes veciñais de Lourizán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 En fin

Vendo as pedras que asoman...moito ánimo a eses valentes castiñeiros.