Un estaleiro, unha xoguetería, pisos e naves industriais forman parte dos rexistros do clan de Sito Miñanco

A Policía Nacional dá por desarticulada esta rede criminal, unha das "máis fortes e perigosas" en España, segundo o comisario xeral Eloy Quirós.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2018 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Unidade Central de Drogas e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional despregou este luns un operativo que se saldou con, polo menos, 30 arrestados, entre os que figura o narcotraficante galego José Ramón Prado Bugallo —coñecido como Sito Miñanco— e os seus 'lugartenentes'. Os numerosos rexistros, case medio cento previsto, inclúen un estaleiro, unha xoguetería, pisos e naves industriais.

Operativo policial contra o narcotráfico do clan Miñanco en Cambados
Operativo policial contra o narcotráfico do clan Miñanco en Cambados | Fonte: Europa Press

Concretamente, o punto neurálxico en Galicia foi o municipio pontevedrés de Cambados, na comarca do Salnés, onde teñen numerosas propiedades e negocios e de onde é orixinario o 'clan dos Miñanco'.

Ademais, alí foron detidos a filla de Sito Miñanco —o 'narco' foi arrestado en Alxeciras—, así como os principais 'lugartenentes' do xefe da rede, entre eles Ramiro Somoza, Enrique Arango e David Pérez Lago, este último fillastro de Laureano Oubiña, outro coñecido contrabandista galeg-.

De feito, na provincia de Pontevedra practicáronse un total de 10 detencións, ademais das que houbo noutras catro provincias do resto do Estado, segundo confirmaron afontes da investigación.

Ademais, fontes coñecedoras dos rexistros explicaron que desde primeira hora da mañá parte do dispositivo policial formado por unha frota de furgóns da Policía Nacional se concentrou en Barrantes, no municipio de Ribadumia, para desprazarse despois á veciña localidade de Cambados.

Así, desde primeira hora da mañá levaron a cabo diversos rexistros, que incluíron un estaleiro situado no Facho e que leva este nome, propiedade dos Miñanco. Tamén revisaron naves industriais do polígono, unha xoguetería, unha inmobiliaria (San Saturnino) e varios pisos, algúns vinculados con outros detidos.

Nun dos rexistros en vivendas, segundo fontes coñecedoras, produciuse un erro nunha entrada á casa dunha persona que non estaba vinculada co caso e que, dáse a circunstancia, de que pertence ao mundo da xudicatura. O home estaba na súa cama e chegaron a detelo despois de forzar a fechadura da súa vivenda, segundo estas mesmas fontes.

DOUS AXENTES FERIDOS

Con este novo golpe, dáse por desarticulado o clan de Miñanco, un histórico narco que xa foi varias veces detido desde que comezou en Galicia a traficar co tabaco de contrabando e, posteriormente, coa cocaína. Este dispositivo, denominado 'operación Mito', desenvolveuse o mesmo día que o Rei presidiu o 50 aniversario da Brigada Central de Estupefacientes, unidade integrada na Udyco da Policía.

Nese acto celebrado en Madrid, o comisario xeral da Policía Nacional, Eloy Quirós, sinalou que a 'operación Mito' é "unha das máis importantes" contra este tipo de grupos criminais, e subliñou que o clan de Sito Miñanco é dos "máis fortes e perigosos" en España.

Durante o dispositivo policial, dous axentes do Grupo Especial de Operacións (GEO) que rexistraban unha nave situada entre os municipios madrileños de Collado Mediano e Alpedrete, na que se situaba unha galería de tiro, resultaron feridos nun tiroteo cun dos presuntos 'narcos'. Ambos levaban chalecos antibala e só un tivo que ser hospitalizado.

XUÍZO PENDENTE E REXISTRO INMOBILIARIA

Sito Miñanco, para o que foi decretada a prohibición de volver a Galicia, ten un xuízo pendente na Audiencia Provincial de Pontevedra, cuxa vista oral está prevista para os días 27 de febreiro e 1 de marzo. No banco toparase coa súa primeira muller, unha das súas fillas e un empresario que, segundo o escrito de Fiscalía, actuaría como home de palla.

Neste xuízo, Miñanco está acusado de branquear uns 10 millóns de euros procedentes do narcotráfico en bens inmobles a través da inmobiliaria San Saturnino entre os anos 1998 e 2007. Precisamente, desta inmobiliaria saíron este luns "numerosas caixas" froito dos rexistros practicados polos axentes policiais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta