En liberdade a parella detida pola morte dunha septuaxenaria en Lalín, con comparecencias obrigadas no xulgado

O xulgado está á espera do informe definitivo da autopsia, cuxos primeiros datos apuntan a asfixia como posible causa da morte

PONTEVEDRA | 06/02/2018 | Actualizada ás 15:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A muller detida pola súa suposta vinculación co falecemento da nai do seu compañeiro sentimental e a súa parella quedaron ambos este martes en liberdade coa obrigación de comparecer semanalmente e cada 15 días, respectivamente, após pasar a disposición xudicial en Lalín (Pontevedra).

DETIDA UNHA MULLER E A súa PARELLA POLA MORTE DA NAI DO HOME EN LALÍN
DETIDA UNHA MULLER E A súa PARELLA POLA MORTE DA NAI DO HOME EN LALÍN | Fonte: Europa Press

Así o confirmaron fontes xudiciais após pasar a disposición os detidos no xulgado de Instrución de garda de Lalín, que acordou comparecencias semanais para ela e quincenais para el.

Ningunha das partes, entre elas a Fiscalía, solicitou prisión provisional para os detidos pola morte da septuaxenaria, polo que o xulgado non acordou esta medida cautelar.

Ademais, confirmaron a Europa Press fontes xudiciais, o xulgado que instrúe esta causa está á espera do informe definitivo da autopsia, despois de que a Guardia Civil apuntase que os primeiros avances determinaron a asfixia como posible causa da morte.

FEITOS

A Guardia Civil detivo este luns á veciña de Lalín M.S.R.T. como presunta autora da morte da nai do seu compañeiro sentimental, J.A.R.C., quen tamén foi arrestado por encubrimento e denegación de auxilio.

Por mor das investigacións, o Instituto Armado explicou que se puido pescudar que a parella detida convivía coa vítima, á que coidaban desde fai uns oito anos, por tratarse dunha persona "totalmente incapacitada para o desenvolvemento das súas actividades vitais".

A Benemérita destacou, así mesmo, que o falecemento da muller de 71 anos, a pesar de que supostamente ocorreu na tarde do xoves día 1, non foi notificado no centro médico da localidade até o día seguinte.

En concreto, o Instituto Armado explica que ao fillo da vítima acúsaselle dun delito de denegación de auxilio porque cando chegou a casa e a súa parella informoulle de que a súa nai podería estar morta, "aínda sen ter a certeza do seu falecemento, deixou transcorrer máis de doce horas ata que se presentou no centro médico para solicitar axuda".

A parella foi detida, segundo argumentou a Guardia Civil, pola demora "claramente inxustificada" na comunicación do falecemento, o estado no que a comisión xudicial e a Guardia Civil atoparon a estancia onde apareceu o cadáver no interior da vivenda, "os signos externos do corpo da vítima" e os primeiros avances da autopsia que apuntan a asfixia como posible causa da morte.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta