Galicia perdería 282.727 habitantes e baixaría dos 2,5 millóns en 2031 no peor dos escenarios do IGE

O descenso previsto segundo o escenario central estaría no 8,5%, o que se traduciría nunha caída en 231.047 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2018 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Galicia perdería 282.727 habitantes e baixaría dos 2,5 millóns en 2031 de cumprirse o peor dos escenarios previstos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), co que quedaría nese ano en 2.435.799 persoas vivindo na comunidade. Así o recolle a análise das proxeccións de poboación en Galicia que publica este venres este organismo.

Xente, iluminación do Nadal, poboación
Xente, iluminación do Nadal, poboación | Fonte: Europa Press

O IGE establece que o peor dos escenarios previstos é aquel no que diminuiría a fecundidade até alcanzar a media observada na década dos 90 e no que as entradas de inmigrantes en Galicia diminuirían un 10% con respecto ás de 2014. Desa forma, a perda de poboación no período 2016-2031 cifraríase no 10,4% (-282.727 habitantes).

Mentres, o IGE calcula que o descenso previsto segundo o escenario central estaría no 8,5%, o que se traduciría nunha caída en 231.047 persoas, até deixar o total en 2.487.451.

Os escenarios que presenta o documento de Estatística "confirman a perda de poboación que se prevé que se producirá en Galicia nos próximos anos, así como o seu progresivo envellecemento, marcado polo estrechamiento da base da pirámide con respecto á actual, e pola acumulación de efectivos na parte alta desta".

No suposto máis optimista dos presentados, no que se incrementaría a fecundidade até alcanzar en 2030 a prevista para España, e no que se aumentaría nun 10% a entrada de inmigrantes en Galicia con respecto aos observados en 2014, a cifra de poboación non baixaría dos 2,5 millóns de habitantes.

O IGE advirte de que estes escenarios son "simplemente posibles modelos de evolución" das variables demográficas nos próximos anos.

Calquera modificación nas hipóteses de partida implicaría cambios nos resultados obtidos como cifras proxectadas e, por outra banda, calquera modificación que se produza nalgunha das variables demográficas ten repercusión no resto delas (por exemplo, un incremento ou diminución das inmigracións ten repercusión tanto nas taxas de fecundidade como nas de mortalidade futuras).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Tranquilos

Tranquilos todos, xa puxeron unha enchufada para o "reto demográfico" que seguro resolve a situación: xa de primeiras, unha que non vai emigrar en busca de traballo e vai quedar aquí sacando o país adiante!

1 EXPAÑA E A NOSA RUINA

XENOCIDIO EXPAÑOL!!!! como si fosemos victimas da peste negra, como si fosemos victimas dunha guerra, expaña esta exterminando a Galiza, nos están destruindo nos están aniquilando, e aquí ainda con panos quentes e con disimulos, nos levan a ruina e a miseria!!!! expaña e a nosa ruina - https://www.youtube.com/watch?v=qJp...

1 anonimo

Tontería supina. España non " extermina" a Galicia, Galicia morre por si soa.O envellecemento da poboación trern moi mal arranxo. Menos tolemias histéricas, e menos pensar que unha Galicia ( teóricamente) independente non ía ser tamén un pais de vellos.