Denuncian manipulación informativa por parte da Xunta na folga da xustiza

"Vostedes queren facerme parva, pero non son parva" di unha traballadora da Xustiza, indignada coa manipulación de medios públicos e algúns privados. Nunha misiva ao GC explica con números e cifras a situación da xustiza en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 10/02/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

“Unha vez máis, manipulación, medias verdades, mentiras disfrazadas de supostas boas intencións por parte da administración, enchendo un espazo dunha televisión pública que todos pagamos, porque é dos impostos de todos os galegos de onde saen as subvencións coas que a xunta compra o espazo que necesita nos medios de comunicación para despregar o seu aparello de propaganda”. É a dura denuncia que fai Lola Filgueira, funcinaria de Xustiza tras as informacións que os medios públicos galegos e grandes medios de comunicación privados –todos eles con grandes subvencións da Xunta-- .

Xulgados de Vigo baleiros na folga indefinida da Xustiza galega
Xulgados de Vigo baleiros na folga indefinida da Xustiza galega | Fonte: Miguel Núñez.

Nunha misiva remitida ao GCAberto, o espazo para que lectores e colectivos expresen libremente a súa opinión, Filgueira denuncia  a “mentira e manipulando” do “aparello” da Xunta e aporta datos e cifras que desminten os dados polo presidente Feijóo e o seu vicepresidente Rueda.

Ademais, lembra que o 75% dos traballadores de xustiza votaron en asemblea ir á folga indefinida a xornada completa, coas implicacións económicas que iso ten para os seus petos. Toda a súa carta no GC Aberto.

Chapa co lema Eu non manipulo, dos traballadores da TVG
Chapa co lema Eu non manipulo, dos traballadores da TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 onde vivimos?

Manipulación?.... da xunta....? será unha broma... cando manipulou a xunta senon ten medios nin Voz para manipular si a xente está informadísima e votan criticamente sen atender a Vozes nin Coces... por eso GAlicia é un país próspero que ten un futuro cheo de ilusión e unha sociedade absolutamente crítica para nada seguidista...